InicioMOV. SOCIAISFotoxornalistas coruñeses protagonizan unha exposición solidaria na Parva de San Agustín

Fotoxornalistas coruñeses protagonizan unha exposición solidaria na Parva de San Agustín

Publicada o

Por Redacción

No marco do festival de fotografía FFoco, os fotoxornalistas coruñeses ofrecen unha exposición na Parva, o bar do Mercado de San Agustín.

A mostra recolle 15 imaxes cedida por fotógrafos e fotógrafas profesionais que se venderán a un prezo único de 50 euros para enviar a Palestina a través dunha ONG. Entre os autores, hai fotoxornalistas da Coruña como V. Casteleiro ou Javier Alborés e profesionais galegos como Sabela Eiriz ou Carlos Folgoso que aportaron as súas creacións, de temáticas moi variadas, de xeito desinteresado. O evento decorrerá desde as 13.00 horas na terraza interior que o posto ten no mercado.

Esta iniciativa, impulsada por Alba Barbadillo e Ángela Casal, socias cooperativistas da Parva, cumpre o seu quinto ano no FFoco, sempre coa mesma intención: “Facer reflexionar ao público, aínda que, neste caso, en vez de impulsar unha temática vencellada ao mercado ou ao consumo, decidimos unha paréntese pola gravidade do que sucede en Palestina. Despois de ver moitas fotografías de destrución, fame e inxustiza naquel país, tiñamos que actuar para, dentro das nosas posibilidades, axudar a poboación que sofre as consecuencias do xenocidio israelí”.

Foto dun checkpoint en Cijordania de Ruth Montiel
Foto dun checkpoint en Cjsordania de Ruth Montiel

As dúas agradecen aos 15 profesionais a cesión das imaxes e a Zlick, que se encargou da impresión das mesmas de xeito gratuíto.
Nado en 2017, FFoco consolidouse como o escaparate imprescindible para amosar e coñecer o estado actual da fotografía documental en Galicia, sendo o único festival destas características na comunidade.

 

ÚLTIMAS

O cupón da ONCE deixa 105.000 euros na Coruña

O Cupón Diario do ONCE repartiu 105.000 euros con tres cupóns premiados con 35.000...

O Concello adxudica a xestión da rede de escolas infantís municipais

O Concello da Coruña adxudicou, a distintas empresas, o servizo de xestión do oito...

A Deputación financiará a entidades para impulsar o emprendemento

A Deputación da Coruña publica este martes no Boletín Oficial da Provincia (BOP) a...

As protestas contra a directiva e a censura colocan ao Dépor nun crú momento de fractura social

Deberían ser tempos de ilusión, coa volta do Dépor á 1ª División. Pero o...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here