O portavoz do Grupo municipal Popular, Miguel Lorenzo, visitou este mércores o recén inaugurado parque da Agra. “É unha vergoña abrilo así, non sei como Inés Rey se atreveu a inauguralo sen poñerse colorada, é unha tomadura de pelo”.
Lorenzo asegura que xa recibiu comentarios o propio martes, pero recoñece que “onte fun velo tras recibir queixas dos veciños e o que me atopei era moito peor que o esperado: beirarrúas rotas, herba totalmente encharcada porque non filtra, muros desconchados, buratos mal tapados, bancos vandalizados etc” , sinala.
“Os veciños trasladáronme o seu malestar porque o que inaugurou non se parece en nada ao que prometeu. Non é o parque que merecen os veciños da Agra. A Alcaldesa dirá que está no ecuador, pero así non se pode inaugurar”, afirma.
Aproveitou Lorenzo para criticar tamén a apertura de diferentes zonas da reforma dos Cantóns.
Máis novas
Aberto á cidadanía o parque do Observatorio na Coruña, un “anaquiño” do necesario Parque da Agra

