InicioBARRIOSOs Castros maridan a música tradicional tamén co reggae nas Festas da...

Os Castros maridan a música tradicional tamén co reggae nas Festas da Merce

Publicada o

Por Ubaldo Cerqueiro

Tempo de fusións vivimos na música galega contemporánea. Ás bandas que maridan o rock, o punk ou a electrónica coa música das nosas raíces, temos que sumar xa aos colectivos que traballan en clave de reggae. Así o comprobaremos este venres 27 nos Castros, onde a Asociación Oza-Gaiteira-Os Castros preparan as festas da Mercé en clave dub.

A rúa Monte das Moas acollerá unha xornada de baile de 18:00h a 0:00h. Abrirán Dub in Soul, un colectivo de mulleres galegas formado por Nere e Noe, dúas selectoras e amantes do reggae e da cultura soundsystem.
Estará tamén Ras Oskar, veteranos vocalista de Bush Doctors, a primeira banda galega de reggae, e actual vocalista en Aum Reggae, que fará das Moas o Xamaica herculino.

Tamén soará I Gardo SingJay, coruñés afincado en Compostela, e membro fundador de delirium soundsystem e A Coruña dub club. Ttodo isto será sonorizado por Delirium Soundsystem cos seus tres subgraves artesanais, para reproducir as vibracións da música reggae no barrio dos Castros.

Festas da Merced en reagge nos Castroz
Festas da Merced en reagge nos Castroz

Memoria

A xornada servirá tamén para rmanter vivo o proxecto “Memoria emocional do barrio: Recuperemos as nosas tradicións”.

A Romaría dos Castros recupera a memoria do barrio

Olladas doutro tempo: O Corralón da Gaiteira

ÚLTIMAS

A refinaría de Repsol comeza unha parada programada durante máis de 60 días en oito unidades de combustibles

O complexo industrial de Repsol comeza hoxe unha parada programada en oito plantas da súa área...

Os sectores que secundaron a folga por Palestina

Esta tarde, ás 20:00h, o Obelisco acollerá unha nova, pero especial, concentración en favor...

Defensa do Común e a AVV Oza-Gaiteira-Os Castros mandan as súas propostas para a renovación da fachada marítima

Tivo lugar este venres unha nova sesión da Comisión Especial da Fachada Marítima. O...

Inés Rey sobre os pagos que reclaman conserxes de centros deportivos: “A empresa ten que facerse cargo”

A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, requiriu á empresa concesionaria do servizo de conserxería...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here