InicioA CORUÑAO pleno da Coruña pide a Xunta e Goberno medidas para evitar...

O pleno da Coruña pide a Xunta e Goberno medidas para evitar a deslocalización da atención telefónica en Naturgy

Publicada o

Por europapress

O pleno da Coruña trasladou, co apoio de todos os grupos — PSOE, PP, BNG, a Marea Atlántica e tamén da concelleira non adscrita Isabel Faraldo, de Podemos– o respaldo aos traballadores de Teleperformance pola deslocalización do servizo que presta esta empresa para Unión Fenosa Distribución, do grupo Naturgy.

Os membros da corporación municipal expresaron este apoio a través dunha declaración institucional, á que deu lectura a alcaldesa, Inés Rei, e tamén co voto a favor de todos os grupos a senllas mocións, presentadas pola edil Isabel Faraldo, e polo BNG, respectivamente.

Nelas, apóianse as demandas dos traballadores e rexéitase o traslado do “80% do servizo” a Colombia, coa perda de postos de traballo e de calidade no servizo que, segundo recollen as mocións, leva. Tamén se pide á empresa –trátase dun servizo adxudicado a Teleperformance– que “reconsidere” a súa decisión. Así mesmo, demándanse medidas a Goberno central e Xunta.

En concreto, o BNG, segundo lembrou o seu portavoz, Francisco Jorquera, reclama cambios normativos para evitar a deslocalización destes servizos. Tamén incidiu, como o edil da Marea Atlántica, Alberto Lema, nos beneficios da empresa en Galicia.

O portavoz do grupo municipal socialista, José Manuel Lage, reprochou a Naturgy que non teñan “responsabilidade social” pese ao “arraigamento histórico” con Galicia, pero tamén instou á Xunta a implicarse neste asunto por ser “a competente en política industrial”. Desta forma, respondeu as críticas feitas desde o PP ao Goberno central.

AMPLIACIÓN DO CHUAC

No pleno, e antes do debate das mocións, saíu adiante, só cos votos de PP e PSOE, a modificación do Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) para o cambio de uso de parcelas do complexo hospitalario universitario da Coruña (Chuac) pola ampliación do mesmo. Nese espazo, estará localizados os servizos administrativos do hospital e o novo hotel de pacientes.

Este asunto suscitou de novo as críticas da edil non adscrita de Podemos, Isabel Faraldo; da da Marea Atlántica, María García, e da do BNG, Avia Veira, que cuestionaron o proxecto da Xunta pola localización das novas edificacións, as expropiacións que esixirá e o “impacto ambiental e urbanístico”.

De “scalextric” cualificaron Faraldo e Veira as infraestruturas viarias previstas na zona. A primeira pediu ao goberno local que non sexa “cativo” das demandas da Xunta, aínda que apoiou a ampliación, mentres que a edil do BNG recalcou que “a prioridade non é ampliar o Chuac mentres a Atención Primaria está a ser desmantelada”.

E é que tanto desde esta formación como da Marea Atlántica, como fixo tamén Faraldo e o grupo socialista, reclamouse persoal. “Falta transparencia e debate público”, argumentou tamén María García, que aproveitou a súa intervención para reclamar, ademais, ao goberno local, o inicio das negociacións sobre o novo orzamento.

O concelleiro de Urbanismo, Francisco Dinis, que se sumou ás demandas á Xunta de persoal e de orzamento para a sanidade, defendeu os cambios aprobados no pleno. “Unha cousa non quita a outra”, dixo sobre estas cuestións. Desde o PP, o seu edil Antonio Deus defendeu as actuacións da Xunta.

ÚLTIMAS

Dous Combinados da AFAC e das Mariñas participarán nun Torneo Solidario no Fútbol da Costa

Acodía o presidentda Asociación de Clubs de Fútbol da Coruña (AFAC), Juan Vázquez, (Toño...

A Coruña acolle este sábado unha nova edición do programa solidario ‘A Radio Conta’

A Coruña acolle este sábado, día 27, unha nova edición do programa solidario 'A...

Máis de 200 persoas benefícianse dun programa da Asociación de Loita contra as Enfermidades do Ril na Coruña

Un total de 225 persoas con enfermidade renal crónica resultaron beneficiarias dun programa da...

O BNG esixe no Congreso garantir o funcionamento nocturno do aeroporto de Alvedro

O deputado do BNG no Congreso Néstor Rego rexistrou iniciativas para reclamar ao Goberno...