InicioECONOMÍAAlvedro gañou un 20,2% de pasaxeiros en agosto

Alvedro gañou un 20,2% de pasaxeiros en agosto

Publicada o

Por editor

Os tres aeroportos galegos –Santiago, Vigo e A Coruña– gañaron pasaxeiros en agosto respecto ao mesmo mes de 2021, segundo os datos que publica Aena este luns.

O maior repunte interanual é o que se anota Vigo (+46,4%), que crece ata os 114.227 pasaxeiros. Séguelle Santiago (+38,7%), con 374.867 viaxeiros, así como A Coruña (+20,2%), con 95.648.

No entanto, tanto Santiago (+26,7%) como Vigo (+19,3%) rexistran en agosto máis viaxeiros que antes da pandemia (2019), o que contrasta co descenso do 20,4% que se computa na terminal de Alvedro.

No tocante ao acumulado do que vai de ano, entre xaneiro e agosto, os viaxeiros dispáranse un 155% na terminal de Rosalía de Castro en comparación co mesmo período de 2021, con 2,1 millóns de persoas. O crecemento en Vigo é do 96,6%, cun total de 595.150 viaxeiros. Así mesmo, o da Coruña elévase un 78%, con 579.918.

Só o aeroporto da capital de Galicia aumenta pasaxeiros no acumulado destes oito primeiros meses do ano, un 8,8% máis. En cambio, no de Vigo retrocede un 14% e no da Coruña a caída alcanza o 35,4%.

ÚLTIMAS

(VÍDEO): Desaloxan varios colexios da Coruña tras recibiren sendas falsas ameazas de bomba

Mañá axitada en varios colexios da cidade. Os CEIP Zalaeta, CEIP Raquel Caamacho, o...

Máis dun centenar de obras preséntanse aos Premios Mestre Mateo, con entrega de galardóns en febreiro

Un total de 155 obras presentaron candidatura aos XXV Premios Mestre Mateo, cuxa gala...

A Coruña aposta por un Nadal “sustentable e responsable” nunha nova edición da Casa dos Xoguetes

O Concello da Coruña, a través da Oficina Municipal de Información ao Consumidor (OMIC),...

O coruñés Daniel Agra regresa ao India Photo Fest con catro fotografías

O artista galego Daniel Agra presenta catro fotografías da súa serie Tesseract Daydreams no...