InicioA CORUÑAA Xunta reprocha á alcaldesa da Coruña buscar "confrontación" coas súas...

A Xunta reprocha á alcaldesa da Coruña buscar “confrontación” coas súas críticas pola mostra de Picasso

Publicada o

Por europapress

A Xunta de Galicia trasladou a súa sorpresa polas declaracións da alcaldesa da Coruña, Inés Rei, nas que denunciou un intento do Executivo galego de trasladar á cidade de Santiago a exposición sobre Picasso, prevista no ano conmemorativo do artista.

De declaracións de “confrontación” cualificaron estas manifestacións. Ademais, insistiron en que o “interese principal” da Xunta con respecto a esta efeméride é “a de colaborar para contar coa maior cantidade de eventos, actividades e iniciativas”.

Por outra banda, sobre o momento en que entrou na comisión convocada a nivel estatal para organizar os actos, indicou que entrou nela “ao ter coñecemento da existencia da mesma mentres traballaba nesta gran exposición”.

“Por iso, solicitouse ao Gobiero central, tras aprobarse unha proposición non de lei no Parlamento por unanimidade, co apoio de todos os partidos, incluído o Partido Socialista, instando o Goberno central a contar coa Xunta”.

“A proposta expositiva presentada para formar parte da programación conmemorativa do Ano Picasso 2023 e o proxecto expositivo expúxose no Museo de Belas Artes da Coruña por tratarse da cidade na que viviu Picasso e como continuación da gran exposición que se realizou na cidade en 2015”.

ÚLTIMAS

Labañou e Palavea, epicentros festeiros da fin de semana

Os barrios de Labañou e Palavea serán os centros culturais e festexeiros esta fin...

O Teatro Colón acolle este domingo unha homenaxe ao activista cívico e cultural Manolo Caamaño

O colectivo A Rigueira, do que formaba parte, organiza unha homenaxe a Manolo Caamaño...

A Coruña “énchese de pianos”

Chega hoxe, venres 12, á cidade a iniciativa “A túa cidade énchese de pianos”....

A Coruña: a cidade onde o diñeiro non dorme (porque xa non existe)

Que sorte temos os coruñeses. Mentres outras cidades perden o tempo xestionando orzamentos, mantendo...