InicioM.AMBIENTE E PATRIMONIOO Concello da Coruña organiza actividades formativas con motivo da Semana Europea...

O Concello da Coruña organiza actividades formativas con motivo da Semana Europea da Mobilidade

Publicada o

Por europapress

O Concello da Coruña organiza actividades formativas e actuacións musicais en rúas peonís, ademais de promover melloras de accesibilidade, con motivo da Semana Europea da Mobilidade.

Así o informou o concelleiro de Urbanismo, Vivenda, Infraestruturas e Mobilidade, Francisco Díaz Galego, na presentación dunhas iniciativas que terán lugar entre este venres, día 16, e o 22 de setembro con actos en varios puntos da cidade.

O obxectivo, segundo explicou, o edil, será “concienciar á cidadanía sobre a mobilidade sustentable, a educación viaria, a accesibilidade universal e a necesidade de adoptar novos hábitos neste campo”.

Díaz Galego sostivo, ademais, que, ao final do mandato, “gañaranse máis de 55.000 metros cadrados para a cidadanía, a través da creación de espazos sustentables, saudables e seguros”.

ÚLTIMAS

Segue aquí os resultados das Eleccións Xerais do 29N nos Concellos da comarca da Coruña

Aquí podedes seguir os resultados das Eleccións Xerais do 29 de novembro de 2026,...

O Concello propón unha nova adxudicación das Escolas infantís ante as críticas da oposición e das xestoras actuais

Segue dando tumbos o polémico concurso da xestión das 8 Escolas Infantís Municipais. O...

A CIG denuncia unha agresión sexual a unha empregada do SAF de Arteixo e o Concello confirma activación do protocolo

O sindicato CIG denunciou este venres unha agresión sexual a unha traballadora do Servizo...

As familias do CEIP Cidade Vella comezan unha nova serie de mobilizacións pola seguridade no centro

As familias do CEIP Cidade Vella volveron este venres a concentrarse diante do centro,...