InicioA CORUÑAO Concello da Coruña, primeira administración galega na Rede Nacional de Centros...

O Concello da Coruña, primeira administración galega na Rede Nacional de Centros de Ciberseguridade

Publicada o

Por europapress

O Concello da Coruña integrouse estes días na Rede Nacional de Centros de Ciberseguridade, a través do Centro Criptolóxico Nacional. Trátase da primeira administración pública galega que forma parte desta rede e o cuarto municipio en España en facelo.

Tal e como explicaron desde o Concello, A Coruña leva tempo traballando na mellora das medidas de seguridade da información, e en prol da protección dos servizos telemáticos que lle ofrece á cidadanía.

Despois de pór en marcha o Centro de Seguridade da Información do Concello en maio deste ano, acaba de adherirse á Rede Nacional de Centros de Operacións de Ciberseguridade. O obxectivo do Goberno de Inés Rei é reducir o risco de sufrir ciberataques, previr e detectar posibles ameazas e poder responder de maneira eficaz e áxil a elas.

A Rede Nacional de Centros de Operacións de Ciberseguridade é unha iniciativa impulsada polo Centro Criptolóxico Nacional (CCN-CERT) para integrar e coordinar os Centros de Operacións de Ciberseguridade do sector público. O seu fin último é articular a colaboración e o intercambio de información áxil e efectivo entre todos os SOC das distintas administracións públicas para mellorar, desta forma, as capacidades nacionais de defensa, detección e resposta a posibles ciberincidentes.

ÚLTIMAS

(VÍDEO): Desaloxan varios colexios da Coruña tras recibiren sendas falsas ameazas de bomba

Mañá axitada en varios colexios da cidade. Os CEIP Zalaeta, CEIP Raquel Caamacho, o...

Máis dun centenar de obras preséntanse aos Premios Mestre Mateo, con entrega de galardóns en febreiro

Un total de 155 obras presentaron candidatura aos XXV Premios Mestre Mateo, cuxa gala...

A Coruña aposta por un Nadal “sustentable e responsable” nunha nova edición da Casa dos Xoguetes

O Concello da Coruña, a través da Oficina Municipal de Información ao Consumidor (OMIC),...

O coruñés Daniel Agra regresa ao India Photo Fest con catro fotografías

O artista galego Daniel Agra presenta catro fotografías da súa serie Tesseract Daydreams no...