InicioA CORUÑA118.000 persoas practican sendeirismo polo menos unha vez ao ano na provincia...

118.000 persoas practican sendeirismo polo menos unha vez ao ano na provincia da Coruña

Publicada o

Por editor
118.000 persoas practican sendeirismo polo menos unha vez ao ano na provincia da Coruña. De xeito máis habitual, en torno a unha vez ao mes, son 66.000 persoas quen desenvolven este deporte, 35.000 deles homes e 31.000 mulleres. Son cifras extraídas do Anuario de Estatísticas Deportivas 2022 do Ministerio de Cultura e Deporte e as Enquisas de Hábitos Deportivos recollidas polo INE.
A diferenza doutros deportes, as disciplinas relacionadas coa montaña teñen máis adeptos entre as persoas maiores de 55 anos que entre a mocidade entre 15 e 24 anos. Na provincia da Coruña, o número de sendeiristas por encima de 55 anos rolda a cifra de 20.500, mentres que no rango de idade entre 15 e 24 anos queda nuns 8.000. O resto, unhas 37.500 persoas, teñen entre 25 e 54 anos.
160.000 persoas teñen, comparten ou poden tomar prestada unha tenda de campaña na provincia. Un equipamento, a tenda de campaña, que adoita empregarse en rutas longas que requiren de maior preparación. Con todo, o acceso a material relacionado co montañismo é mesmo maior, de 220.000 persoas na provincia da Coruña.
Por último, en Galicia houbo, en 2021, 6.578 licenzas deportivas de ‘Montaña e Escalada’, das que 4.061 pertencían a homes e 2.517 a mulleres. Hai que ter en conta que os sendeiristas, a pesar de non ser necesariamente considerados “escaladores” ou “alpinistas”, acaparan boa parte das licenzas federativas, xa que así obteñen un seguro de rescate e outras vantaxes. A nivel estatal, máis 6,6 millóns de persoas practican sendeirismo esporadicamente e 3,7 millóns deles fano de forma habitual.

ÚLTIMAS

“Hoxe paramos”. A Gran Corrente manda parar de “ensuciar” polo Día Mundial dos Océanos

Hoxe, 8 de xuño, é o Dia Internacional dos Océanos. E a cidade está...

Os colectivos culturais da Coruña berran e crean polo acceso á beleza lugrisá

Este domingo, algo máis de 200 persoas dunha marea de entidades culturais que se...

A Xunta propón crear unha Área de Prestación Conxunta de taxi na Coruña e na súa comarca

A directora xeral de Mobilidade, Judit Fontela, abordou con representantes dos concellos da Coruña,...

Un dos acusados polo apuñalamento mortal a Yoel Quispe buscou información sobre a condena ao matar a unha persoa

Un dos acusados polo apuñalamento mortal a Yoel Quispe, na Noiteboa de 2023 na...