InicioDEPORTESNovo Dépor, as vellas solución

Novo Dépor, as vellas solución

Publicada o

Por Ubaldo Cerqueiro

Volveu caer nas mesmas decisións a sixilosa directiva do Real Club Deportivo da Coruña. Ante as queixas dunha parte sempre insatisfeita da afección branquiazul, e cando apenas ían 7 xornadas de Liga, o club prescinde de Borja Jiménez e contrata inmediatamente a Óscar Cano.

Cano é o 16º adestrador que se senta no banco de Riazor nos últimos 11 anos. E parece complicado atopar algún cambio de director de orquestra que lle sentanse ben ao equipo e ao club.

Moitos se preguntan nas bancadas como é que se tan pouco crédito tiña que nin ata a xornada 8 chegou, a pesar de manterse nunha zona morna da táboa sen despegarse da parte de arriba, non o destituíran ao remate do partido de Albacete, cando o equipo perdeu o ascenso na prórroga.

O novo míster estreouse con vitoria este pasado domingo Riazor ante o Linares, e a reflexión máis lida nos medios herculinos era a de “resurrección”, unha lectura difusa cando nin o Dépor estaba morto, nin o xogo despregado polos 11 branquiazuis sobre o céspede, nin as sensacións de tensión ata o último segundo, distou demasiado do vivido hai apenas dúas semanas ante o Talavera no templo coruñés.

Esperamos que a chispa que sempre se encende nos futbolistas co cambio de adestrador non se convirta en soufflé.

ÚLTIMAS

Buscan o autor do atropelo que acabou coa vida dun mozo de 25 anos

Un mozo de 25 anos morreu como consecuencia dun grave atropelo na Coruña. Segundo...

As razóns dos traballadores da Compañía de Travías para a folga deste luns 16N

Este luns 16 de novembro, teñan coidado se pensan ir en bus ao posto...

O Concello da Coruña centra a súa campaña do 25N na violencia dixital e vicaria

O Concello da Coruña desenvolverá ata o 3 de decembro unha campaña con motivo...

Corte na AC-214 a partir deste luns por obras na ponte sobre o río Mero, en Cambre

O tráfico estará cortado a partir deste luns, 16 de novembro, polas obras da...