InicioA CORUÑAA Xunta sacrifica todos os visóns dunha granxa de Carral con foco...

A Xunta sacrifica todos os visóns dunha granxa de Carral con foco de gripe aviaria

Publicada o

Por europapress

A Xunta procederá ao sacrificio de todos os visóns dunha granxa de Carral onde se detectou un foco de gripe aviaria.

O caso detectouse tras a aparición na granxa de animais enfermos con sintomatología respiratoria, así como un incremento anormal da mortalidade nela, polo que se tomaron mostras para o diagnóstico de varias enfermidades, entre elas a provocada polo virus Sars-Cov-2, así como a gripe aviaria.

Como resultado destas análises, localizáronse dous casos positivos á influenza A (H5N1), que foron comunicados ás autoridades de Saúde Pública.

Tras recibirse os resultados, a granxa, que conta con 8.369 femias reprodutoras e 43.617 crías destetadas, foi inmobilizada polos servizos veterinarios da Consellería, determinando a prohibición de entrada e saída de animais e doutros materiais que puidesen vehicular o virus e o censado dos animais presentes.

Finalmente, as Consellerías de Sanidade e de Medio Rural decidiron levar a cabo o sacrificio dos animais, que, segundo o departamento autonómico, farase nestes días, e a eliminación dos posibles materiais da explotación que puidesen constituír unha fonte de contaxio, así como a correspondente limpeza.

ÚLTIMAS

Axudicadas as obras para a creacións das sendas peonís e ciclistas de Alfonso Molina

O Ministerio de Transportes e Mobilidade Sostible vén de adxudicar un contrato de 5,3...

A metrosidero morto, aciñeira posta

Así ratificou o Concello a morte do exemplar de metrosidero que levada máis de...

O luns comeza a construción da duna de Riazor para protexer o Paseo Marítimo dos temporais

Como cada outubro, Concello da Coruña iniciará o vindeiro luns, día 26, os traballos...

Renfe permitirá viaxar sen asento asignado en trens A Coruña-Vigo Guixar e A Coruña-Ferrol

Renfe anunciou que eliminará o suplemento que ata agora debía abonarse polo transporte de...