InicioA CORUÑAA Coruña agarda polo festival de artes inclusivas 'Festigual'

A Coruña agarda polo festival de artes inclusivas ‘Festigual’

Publicada o

Por europapress

Do 26 de outubro ao 3 de decembro, a sexta edición do festival de artes inclusivas ‘Festigual’ desenvolverase na Coruña.  e outras institucións impulsan a sexta edición do festival de artes inclusivas ‘Festigual‘. Unha cita con quince espectáculos, entre eles unha colaboración co ONCE, o teatro de Yllana e un concerto do Langui.

O Festival xa é unha referencia estatal no apoio á creación cultural de persoas con algunha discapacidade. Ademais, segundo explicaron dende o Concello, este ano auméntanse a programación facendo máis actividades que nunca e chegando os máis espazos: a teatros, centros educativos, centros de atención, centros cívicos e lugares de lecer.

Na organización do Festigual colaboran o Concello da Coruña, a Fundación Emalcsa, a Deputación da Coruña, Vegalsa e a Fundación María José Jove.

Por outra banda, a sala municipal de exposicións do Palacio de Congresos da Coruña acollerá desde este xoves, día 20, a exposición ‘Incredigirls’, promovida polo concello e que achegará á cidadanía o traballo da artista e docente Chelo Matesanz.

 

ÚLTIMAS

A MMM convoca a manifestación do 25N no centro e a Plataforma PICUS na praza Pablo Iglesias

Este mércores é o Día Internacional contra a Violencia de Xénero, e son varias...

Zombies contra a turistización do Xacobeo, videoxogo “made in Coruña”

A produtora coruñesa Melgo Cinema lanza o que presenta como "primeiro videoxogo dun Xacobeo",...

Última fase das obras que unirán as dúas partes dos Xardíns de Méndez Núñez

Unha comitiva municipal supervisou este luns a fase final das obras que se están...

Este martes arrinca na Filmoteca de Galicia o Norte Cinema Diverso, o festival de cinema LGTBIQ+

Xa está aquí a cuarta edición de Norte Cinema Diverso, o festival de cinema...