InicioA CORUÑAO vento obriga a pechar os parques e a Torre de Hércules

O vento obriga a pechar os parques e a Torre de Hércules

Publicada o

Por europapress

Fíxose notar esta mañá de xoves a alerta laranxa polo temporal de vento.n Un temporal que obrigou ao Concello da Coruña a pechar aos visitantes a Torre de Hércules e a zona de interpretación que circunda o monumento coruñés.

O Concello decidiu pechar os parques e xardíns durante toda a xornada, pero mantén aberta as praias.

Ademais, as boias de Portos de Galicia, captaron ondas de case cinco metros en puntos mar dentro fronte á costa da Coruña.

REFACHOS

Houbo fortes refachos de vento en toda a provincia, superando o vento os 135 quilómetros por hora noutras zonas como Vimianzo.

Por isto mesmo, a Xunta lembra a importancia de manterse afastado da liña de costa, é dicir, de diques, rompientes e paseos marítimos. Tamén recomenda extremar as medidas de seguridade para realizar calquera actividade no mar e que se revisen os cabos e amarres das embarcacións.

Segundo Meteogalicia, “a borrasca desprázase cara Irlanda e seguirá enviando frontes durante o venres. Así, agárdase un día de ceos parcialmente cubertos e con chuvascos, máis frecuentes e intensos no oeste da Comunidade, onde poderán ter ocasionalmente carácter tormentoso. O vento soprará do suroeste, forte pola mañá, baixando a moderado pola tarde, aumentando a forte no litoral atlántico pola noite”.

 

ÚLTIMAS

Desarticulada unha rede especializada en roubo de vehículos de alta gama

O grupo de delitos contra o patrimonio da Policía Xudicial da Garda Civil da...

Os taxistas volven mobilizarse masivamente na Coruña para esixir que os VTC “cumpran a lei”

O sector do taxi volveu mobilizarse este mércores na Coruña para esixir ao consistorio...

Carlos Ares arrasa na gran festa da música independente

Mellor Álbum do ano, Mellor actuación en directo e Mellor álbum pop. Con 3...

A concelleira Avia Veira será a candidata do BNG á Alcaldía da Coruña

concelleira nacionalista Avia Veira será a candidata do BNG á Alcaldía da Coruña, segundo...