InicioARTEIXOFerroglobe expón o ERTE que afectará ao persoal de Sabón

Ferroglobe expón o ERTE que afectará ao persoal de Sabón

Publicada o

Por europapress

Xa é público a oferta inicial que Ferroglobe presentou aos sindicatos sobre o expediente de regulación temporal de emprego. Un ERTE que afectará uns 400 traballadores das fábricas de Sabón (Arteixo), Boo (Cantabria) e Monzón (Aragón).

A intención de Ferroglobe é que o ERTE comece este mes de novembro e se alongue ata finais de 2024, polo que os traballadores estarían afectados durante uns dous anos.

A compañía xustificou esta medida por razóns de carácter “produtivo e organizativo”, e asegura que non vai haber parada, senón unha redución da carga de traballo.

“A grave situación do mercado enerxético, con altos prezos de enerxía impactando especialmente á industria electrointensiva en España, veu afectando as producións do tres fábricas desde o pasado mes de agosto. Estas circunstancias xa obrigaron a reducir a súa actividade ao mínimo á espera dunha mellora nos prezos de enerxía que devolvese a competitividade ás súas fábricas”, explicou Ferroglobe nun comunicado.

ÚLTIMAS

Buscan o autor do atropelo que acabou coa vida dun mozo de 25 anos

Un mozo de 25 anos morreu como consecuencia dun grave atropelo na Coruña. Segundo...

As razóns dos traballadores da Compañía de Travías para a folga deste luns 16N

Este luns 16 de novembro, teñan coidado se pensan ir en bus ao posto...

O Concello da Coruña centra a súa campaña do 25N na violencia dixital e vicaria

O Concello da Coruña desenvolverá ata o 3 de decembro unha campaña con motivo...

Corte na AC-214 a partir deste luns por obras na ponte sobre o río Mero, en Cambre

O tráfico estará cortado a partir deste luns, 16 de novembro, polas obras da...