InicioSOCIEDADEA Audiencia da Coruña xulga a unha muller por presunta apropiación de...

A Audiencia da Coruña xulga a unha muller por presunta apropiación de 1,2 millóns de euros a unha empresa

Publicada o

Por europapress

A sección segunda da Audiencia Provincial da Coruña celebrará os días 2 e 3 de novembro, ás 10,00 horas, o xuízo contra unha muller que foi tesoureira dunha empresa acusada de apropiarse de 1,2 millóns, segundo informa o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG).

De acordo coa cualificación fiscal, a muller desempeñou esta función entre 2008 e 2019, data na que foi despedida. Ente outras funcións, era a encargada de remitir ordes de transferencia ás entidades bancarias, do control dos saldos bancarios, comprobación de ingresos e gastos e elaboración de partes alos bancos.

“Así, dado que a empresa confiara na acusada para xestionar a súa contabilidade proporcionándolle acceso a documentación e contas bancarias, esta, prevaléndose de tal posición, durante os anos 2011 a 2018, elaborou ordes de transferencia ficticias e de aparencia similar ás emitidas” para transferilo a outra conta da que ela era titular.

Para iso, sostén Fiscalía, “utilizaba aplicacións informáticas onde insería de forma escaneada as firmas dos autorizados para emitir as ditas ordes, así como o selo da empresa”. “Nas citadas ordes, constaban formalmente como beneficiarios provedores habituais da empresa cando, en realidade, ditas operacións non eran reais e o beneficiario único e destinatario da transferencia era a propia acusada”.

Con esta mecánica, “a acusada efectuou no período sinalado 341 transferencias por un importe total de 1.232.886,71 euros”, aínda que o Ministerio Público indica que a cantidade total “coa que se fixo en proveito propio foron 1.224.851,13 euros”. Por estes feitos, figura tamén como acusado o seu marido xa que o Ministerio Público indica que dispuñan del de “común acordo”.

Entre os gastos efectuados figuran artigos de luxo, centos de pezas de roupa con etiqueta, colección de reloxos, xoias, bixutaría e documentación de viaxes en hoteis de luxo e cruceiros.

Fiscalía considera os feitos constitutivos dun delito continuado de falsidade en documento mercantil en concurso medial cun delito de estafa no caso da muller e do home doutro de estafa ou, no seu caso, de branqueo por imprudencia grave. Para ela, pídense seis anos de cárcere e para el cinco anos ou dous anos de prisión en función do delito.

ÚLTIMAS

Inés Rey sobre Feijóo: “non ten nada que achegar á cidadanía”

A alcaldesa da Coruña, a socialista Inés Rey, sinalou que o líder do Partido...

A Garda Civil da Coruña recupera 16.700 euros e bloquea outros 126.000 en fraudes de investimento e estafas de factura

A Garda Civil da Coruña recupera 16.700 euros e bloquea outros 126.000 en fraudes de investimento e...

Colaboración entre a UDC e o Hospital de Ferrol para desenvolver lentes de realidade aumentada en cirurxía

Profesionais do Complexo Hospitalario Universitario de Ferrol (CHUF) colaboran co Campus Industrial de Ferrol...

Desestimada unha demanda por desafiuzamento nun edificio de Cambre promovida pola Sareb

A Audiencia Provincial desestimou o recurso de apelación interposto pola Sareb (coñecido como o...