InicioBARRIOSBetanzos disfrutou da feira máis importante do ano

Betanzos disfrutou da feira máis importante do ano

Publicada o

Por Ubaldo Cerqueiro

Ademais da tradicional cita, con churros, de ano novo, Betanzos viviu este martes 1 de novembro, Día de Defuntos, a súa feira máis importante do ano. Milleiros de persoas de toda a provincia aitegaron a praza do centro e as rúas do casco histórico e disfrutaron dunha completa xornada de compras.

Centos de postos de roupa e de alimentación enchían as rúas, destacando a gran cantidade de castañas que se venderon, lembrando a importancia deste produto nesta histórica feira.

Tamén estiveron moi presentes as bravas mulleres da agrupación local da Asociación Española de Loita contra o Cancro solicitando axuda, en forma de donativos, de toda a veciñanza.

ÚLTIMAS

Buscan o autor do atropelo que acabou coa vida dun mozo de 25 anos

Un mozo de 25 anos morreu como consecuencia dun grave atropelo na Coruña. Segundo...

As razóns dos traballadores da Compañía de Travías para a folga deste luns 16N

Este luns 16 de novembro, teñan coidado se pensan ir en bus ao posto...

O Concello da Coruña centra a súa campaña do 25N na violencia dixital e vicaria

O Concello da Coruña desenvolverá ata o 3 de decembro unha campaña con motivo...

Corte na AC-214 a partir deste luns por obras na ponte sobre o río Mero, en Cambre

O tráfico estará cortado a partir deste luns, 16 de novembro, polas obras da...