InicioA CORUÑAO Palexco acolleu a premier do especial sobre o Prestige de Salvados

O Palexco acolleu a premier do especial sobre o Prestige de Salvados

Publicada o

Por Ubaldo Cerqueiro

O Palexco acolleu este pasado xoves a presentación do doble programa especial de Salvados “Prestige, 20 anos despois”, realizado por LaSexta e Producciones El Barrio. Foi o primeiro evento que organiza Salvados nos 3 anos desta nova etapa co galego Gonzo á fronte.

O primeiro capítulo do especial emitirase este domingo, afondando sobre todo na xestión política e de comunicación da meirande catástrofe natural vivina no noso país. Un programa de “actualidade máxima” tendo en conta a política de desinformación estratéxica levada a cabo polo goberno popular do momento.

O programa conta con entrevistas a tripulante filipino, un inspector de Portos ou os ínclitos López Sor ou López Veiga, responsables da Capitanía Marítima e da Consellería de Pesca naqueles tempos, que a pesar da distancia, volven quedar perfectamente retratados.

O domingo 13 emitirase a segunda metade, xa co chapapote ata os xeonllos.

ÚLTIMAS

Protestas do persoal de Eulen ante a Xunta

Traballadores de Eulen acodiron esta mañá a unha concentración diante do edificio administrativo da...

Arrincou a campaña electoral para as eleccións xerais do 29N

Comezou, coa tradicional pegada de carteis, a campaña electoral de cara ás eleccións xerais...

A delicada tesitura do Centro Ocupacional Pascual Veiga

Entre a Falperra e os Mallos, silencioso nun primeiro piso enriba dunha oficina de...

O FESTIGUAL enche a fin de semana de teatro inclusivo para toda a familia

Continúa en marcha o FESTIGUAL. O ciclo organizado pola Fundación Emalcsa e o Concello...