InicioSOCIEDADEA moza coruñesa detida en Irán está "en boas condicións", segundo o...

A moza coruñesa detida en Irán está “en boas condicións”, segundo o Goberno

Publicada o

Por europapress

O delegado do Goberno en Galicia, José Miñones confirmou que Ana Baneira, a moza coruñesa de 24 anos detida en Irán durante as protestas desatadas tras a morte de Masha Amini — falecida tras ser detida por levar mal posto o veo– está “en boas condicións”.

Fíxoo, a preguntas dos xornalistas, tras asistir a un acto con estudantes da ESO e no marco das actividades promovidas pola Delegación do Goberno con motivo do 25N, o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres.

“Seguimos en contacto co Ministerio de Exteriores e Exteriores coa embaixada“, expuxo Miñones sobre o caso. Tamén apuntou que o ministro José Manuel Albares “se puxo en contacto coas autoridades de alí” e que se está facendo o correspondente seguimento.

Miñones trasladou tamén o apoio á familia e pediu “prudencia, serenidade e deixar traballar” ao Ministerio de Asuntos Exteriores e á embaixada española en Irán. Cuestionado se a moza está ben, precisou que os familiares están “en contacto con ela a través da embaixada”. “Sabemos que está en boas condicións, pero o importante é seguir avanzando nas negociacións”, dixo.

ÚLTIMAS

As tapas do 22 establecimentos que participan no Concurso de Tapas Picadillo

Ponse en marcha a XXII edición do Concurso de Tapas Picadillo co obxectivo de...

O Concello da Coruña investirá 15.000 euros en rehabilitar a escultura do Acuario

Jorge S. Peteiro Vázquez creou a peza escultórica para instalala en 1998 na Enseada...

Unha viaxe virtual en SkpMotor con Galicia Simracing Events

No programa de SKPMotor CuacFM o gravado este xoves 19 de novembro de 2026...

Outra noite de pelexas no cruzamento na Tonda de Outeiro sáldase cun ferido por arma blanca

Un home resultou ferido nunha pelexa entre varias persoas nun local da Coruña e...