InicioA CORUÑAXuxán, como convertelo nun barrio de "pleno dereito" da Coruña

Xuxán, como convertelo nun barrio de “pleno dereito” da Coruña

Publicada o

Por europapress

A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, supervisou esta tarde os traballos de urbanización de Xuxán e a apertura das primeiras zonas de xogos infantís e o parque de calistenia e biosaudable do barrio. Fíxoo nun acto para destacar as actuacións nesta zona para convertelo nun barrio de “pleno dereito”.

O Concello comezou en xaneiro uns traballos que contan cun investimento superior aos 11 millóns de euros e un prazo de execuciónde 18 meses que permitirán á contorna dispor de diferentes servizos públicos.

Na visita, a rexedora estivo acompañada polo concelleiro de Urbanismo, Vivenda, Infraestruturas e Mobilidade, Francisco Díaz Gallego. Xuxán contará cun total de catro zonas recreativas. Dous foron as que entraron hoxe en funcionamento e as outras estarán situadas na gran praza central proxectada, que comezará a súa execución proximamente.

“Será o gran punto de encontro das persoas residentes do barrio, cunha superficie de máis de 500 metros cadrados na que haberá xogos infantís, equipamento deportivo, zonas verdes e mobiliario urbano”, sinalou a rexedora.

ÚLTIMAS

Protestas do persoal de Eulen ante a Xunta

Traballadores de Eulen acodiron esta mañá a unha concentración diante do edificio administrativo da...

Arrincou a campaña electoral para as eleccións xerais do 29N

Comezou, coa tradicional pegada de carteis, a campaña electoral de cara ás eleccións xerais...

A delicada tesitura do Centro Ocupacional Pascual Veiga

Entre a Falperra e os Mallos, silencioso nun primeiro piso enriba dunha oficina de...

O FESTIGUAL enche a fin de semana de teatro inclusivo para toda a familia

Continúa en marcha o FESTIGUAL. O ciclo organizado pola Fundación Emalcsa e o Concello...