InicioSUCESOSNa procura dun comerciante de Narón desaparecido dende o domingo

Na procura dun comerciante de Narón desaparecido dende o domingo

Publicada o

Por europapress

A Asociación Sosdesaparecidos activou á primeira hora da tarde deste xoves, 17 de novembro, unha alerta pola desaparición de Juan López Domínguez, coñecido como ‘Juancho’, cuxo paradoiro se descoñece dende o pasado domingo, día 13.

Segundo a devandita publicación o home desapareceu da súa casa situada en Cabo Prior, na parroquia ferrolá de Cobas, pero o buscado é moi coñecido en Narón, xa que leva anos rexentando un establecemento comercial situado na parroquia de Piñerios.

Ten 41 anos, mide entre 1,70 e 1,75 metros é de complexión delgada, ten pelo negro, ollos castaños e barba.

Ademais, tamén falta o seu vehículo, un Volkswagen Golf de cor azul claro. Os seus familiares interpuxeron unha denuncia na sede da comisaría de Policía Nacional de Ferrol-Narón e nos labores de procura tamén están a participar familiares e amigos.

ÚLTIMAS

Protestas do persoal de Eulen ante a Xunta

Traballadores de Eulen acodiron esta mañá a unha concentración diante do edificio administrativo da...

Arrincou a campaña electoral para as eleccións xerais do 29N

Comezou, coa tradicional pegada de carteis, a campaña electoral de cara ás eleccións xerais...

A delicada tesitura do Centro Ocupacional Pascual Veiga

Entre a Falperra e os Mallos, silencioso nun primeiro piso enriba dunha oficina de...

O FESTIGUAL enche a fin de semana de teatro inclusivo para toda a familia

Continúa en marcha o FESTIGUAL. O ciclo organizado pola Fundación Emalcsa e o Concello...