InicioDEPORTESNace 'A terra, o balón mais elas', para que as mulleres teñan...

Nace ‘A terra, o balón mais elas’, para que as mulleres teñan o “valor e o respecto que lle corresponde” no fútbol

Publicada o

Por patriciaotero

Nace a asociación ‘A terra, o balón mais elas’ co que se pretende “dar apoio para mudar procedementos e modelos, e para acelerar algo tan natural como a normalización e a visibilización da muller no fútbol”, sinala a presidenta, Bibiana Santiso nun comunicado.

O fútbol xogado por mulleres está nunha fase inicial de crecemento. Isto pode levar a que a sociedade pense que xa está a facerse o suficiente para visibilizar e promover á muller dentro de todas as facetas laborais, tanto do fútbol practicado por mulleres como por homes. Con todo, esta asociación o que busca é que “traballar para axudar a que ese crecemento sexa harmónico, tanto no eido federativo, coma nos clubs e para todas as mulleres que estean integradas no fútbol, no fútbol sala e no fútbol gaélico”.

Ademais, no comunicado tamén indican que ofrecerán asesoramento e programas e traballos de colaboración con diferentes entidades, tamén públicas, nas tres áreas defendidas pola asociación.

O que buscan con ‘A terra, o balón mais elas’ é ser un espazo para que as mulleres “teñan o valor e o respecto que lle corresponde nestas modalidades e, subsecuentemente, no deporte e na sociedade”.

ÚLTIMAS

Volotea incorpora 6 novas rutas desde o aeroporto da Coruña

A compañía aérea Volotea operará finalmente 6 novas conexións co aeroporto da Coruña. Ás...

A Coruña planta cara ás multas das zonas de baixas emisións: “Non imos restrinxir nin sancionar por tipo de vehículo”

A loita contra a contaminación nas cidades abre un debate que vai máis alá...

Fronte Ampla súmase na Coruña á campaña “Taxa ao rico”

Esta mañá un grupo de representantes da Fronte Ampla, realizaron  unha acción diante do...

O Concello da Coruña descarta restricións na auga ante a prealerta por seca

A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, descartou a aplicación de medidas con restricións nunha...