InicioSOCIEDADEDesviado o primeiro voo deste luns a Alvedro polo temporal

Desviado o primeiro voo deste luns a Alvedro polo temporal

Publicada o

Por editor

O temporal de vento que afecta a Galicia obrigou a desviar nas últimas horas voos desde os tres aeroportos galegos. O máis prexudicado foi o de Vigo, con tres enlaces afectados.

En concreto, segundo confirmaron a Europa Press fontes de Aena, os dous últimos voos que chegaban este domingo desde a capital española ao aeroporto de Peinador non puideron aterrar polo vento e tiveron que regresar a Madrid. Esta mañá, outra ligazón, desde Barcelona, tivo que tomar terra en Santiago.

Pola súa banda, no aeroporto Rosalía de Castro da capital galega non puido tomar terra este domingo un voo procedente de Amsterdam, que se desviou a Barcelona; e no da Coruña desviouse a primeira ligazón procedente de Madrid, que aterrou en Compostela.

Como consecuencia destes desvíos, víronse afectados as ligazóns de regreso correspondentes , aínda que Aena lembrou que é responsabilidade das compañías aéreas ofrecer alternativas aos pasaxeiros.

ÚLTIMAS

As razóns dos traballadoras da Compañía de Travías para a folga deste luns 16N

Este luns 16 de novembro, teñan coidado se pensan ir en bus ao posto...

Diana Varela presenta no Fórum a súa viaxe poética con “Serea e Ulises”

Despois da presentación realizada en maio na Agra do Orzán Diana Varela trae este...

Protestas do persoal de Eulen ante a Xunta

Traballadores de Eulen acodiron esta mañá a unha concentración diante do edificio administrativo da...

Arrincou a campaña electoral para as eleccións xerais do 29N

Comezou, coa tradicional pegada de carteis, a campaña electoral de cara ás eleccións xerais...