InicioM.AMBIENTE E PATRIMONIOAvanza a tramitación do parque eólico de Cerceda, contra o que o...

Avanza a tramitación do parque eólico de Cerceda, contra o que o Concello presentará alegacións

Publicada o

Por europapress

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publicou o trámite da apertura da exposición pública de dous proxectos eólicos situados nos termos municipais de Cerceda e Ourol, que están promovidos por Naturgy Renovables e Wind Premier, respectivamente.

En ambos os casos sométese a exposición pública o estudo de impacto ambiental, o proxecto de interese autonómico e a solicitude de utilidade pública dos parques eólicos.

No caso do parque Teixos en Cerceda, a promotora pretende instalar 11 aeroxeradores cunha potencia de 48 MV. Así, o orzamento de execución material supera os 47 millóns de euros e o prazo de execución estimado é de 12 meses.

Pola súa banda, no parque de Ourol II, localizado na localidade co mesmo nome, Wind Premier pretende instalar dous aeroxeradores cunha potencia total de 10 MV. Ademais, o orzamento roza os oito millóns de euros.

CERCEDA ESTUDA PRESENTAR ALEGACIÓNS

O Concello de Cerceda sinalou nun comunicado que medita presentar alegacións ao proxecto do parque eólico de Teixos e as súas infraestruturas de evacuación. Así, indicou que a posición do goberno local “é a favor da enerxía eólica, pero de modo ordenado e moi respectuoso co medio”.

O alcalde a localidade, Juan Manuel Rodríguez, explicou que os eólicos “afastados dos núcleos ou en zonas industrializadas son os que atenden a unha correcta ordenación do territorio e demostran compromiso co rural”.

Ademais, indicou que “tramitar non é aprobar” e que “son conscientes da caducidade de puntos de conexión que xa botaron abaixo distintos proxectos no territorio. Tamén insistiu en que apostan “por un novo plan sectorial eólico, onde a enerxía eólica se desenvolva de modo ordenado e produtivo”.

O PSOE, EN VAL DO DUBRA

Sobre o parque eólico de Vilatorxo, en Lousame, distintos representantes socialistas da zona reuníronse nas últimas semanas con asociacións de Val do Dubra e A Baña afectadas por esta construción, para recoller as súas inquietudes.

Concretamente, mantiveron estes encontros os socialistas e o portavoz do grupo na Deputación da Coruña, Bernardo Fernández, o deputado provincial e alcalde de Ames, Blas García, e o portavoz do PSOE en Val do Dubra, Diego Luís Díaz.

Xa este xoves, tras a elaboración dunhas conclusións, reuníronse con todos os portavoces da Deputación da Coruña, para tratar de elaborar un texto conxunto para aprobar no pleno provincial e no que se recollan as alegacións e queixas dos veciños.

ÚLTIMAS

25N na Coruña: ‘O feminismo camiña pa’ diante, o machismo camiña p’atrás’

’O feminismo camiña pa' diante, o machismo camiña p'atrás’, foi un dos cánticos que...

Declarados Lugar de Memoria Democrática “a Península da Torre, Punta Herminia e Campo da Rata; Casa Cornide; e a Casa Museo Casares Quiroga”

A Dirección Xeral para a Promoción da Memoria Democrática vén de publicar este pasado...

“Non son clientes, son puteros e agresores”. A campaña do 25N da Deputación

Crúa e directa a campaña que da Deputación da Coruña polo 25N, Día Internacional...

Os Mariñeiros reescriben a historia do barrio a través das historias migrantes

O Local Asoc. Veciñal A Zoca, na Praza dos Mariñeiros, ao carón do Centro...