InicioSOCIEDADEAbre a Casa dos Xoguetes para fomentar a doazón de agasallos do...

Abre a Casa dos Xoguetes para fomentar a doazón de agasallos do Nadal

Publicada o

Por europapress

O Concello da Coruña puxo en marcha este xoves a Casa dos Xoguetes, unha iniciativa que ten como principal obxectivo impulsar a economía circular e o consumo consciente e responsable, informa.

As instalacións da Casa dos Xoguetes, habilitadas na Oficina Municipal de Información ao Consumidor (OMIC), na Costa da Palloza, 8, estarán abertas para as persoas interesadas na doazón de xoguetes ata o próximo 5 de xaneiro, de luns a venres (de 10.00 a 19.00 horas) e os sábados (de 10.00 a 14.00 horas).

Na Casa dos Xoguetes, e en contraprestación polos obxectos doados, a persoa usuaria recibe cupóns que pode intercambiar, posteriormente, polos xoguetes que máis lle gusten de entre todos os expostos nese momento.

Por outra banda, e no caso de que a persoa usuaria soamente desexe doar obxectos sen recibir cupóns a cambio, o persoal de atención da Casa dos Xoguetes recollerá os xoguetes para entregarllos posteriormente as persoas que os precisen.

Non se aceptarán xoguetes que non estean en perfectas condicións “para poder gozar dunha segunda vida nas mans doutras nenas e nenos”. Ademais, todos os xoguetes deberán ter a distintivo CE, símbolo que certifica que cumpren coa normativa europea de seguridade.

ÚLTIMAS

Protestas do persoal de Eulen ante a Xunta

Traballadores de Eulen acodiron esta mañá a unha concentración diante do edificio administrativo da...

Arrincou a campaña electoral para as eleccións xerais do 29N

Comezou, coa tradicional pegada de carteis, a campaña electoral de cara ás eleccións xerais...

A delicada tesitura do Centro Ocupacional Pascual Veiga

Entre a Falperra e os Mallos, silencioso nun primeiro piso enriba dunha oficina de...

O FESTIGUAL enche a fin de semana de teatro inclusivo para toda a familia

Continúa en marcha o FESTIGUAL. O ciclo organizado pola Fundación Emalcsa e o Concello...