InicioCULTURAA Coruña transfórmase na capital internacional da animación

A Coruña transfórmase na capital internacional da animación

Publicada o

Por patriciaotero

Dende este venres 9 de decembro e ata o vindeiro sábado 17, A Coruña converterase na capital da animación e da creatividade coa sexta edición do Festival Animación, un festival de cine internacional, único en Galicia, e un dos poucos de España, centrado exclusivamente sobre a técnica do cine de animación, con proxeccións e actividades relacionadas co sector.

Organizado anualmente, con data consolidada de celebración no mes de decembro, está dirixido a conseguir amplos públicos arredor dunha proposta de contidos “coherente e definida”.

A primeira edición naceu en 2017, “sen outra pretensión que ser unha proxección expositiva do talento e das posibilidades artísticas que ofrece o cine de animación, e poder compartilo coa poboación coruñesa”, explica a organización nun comunicado.

ÚLTIMAS

Buscan o autor do atropelo que acabou coa vida dun mozo de 25 anos

Un mozo de 25 anos morreu como consecuencia dun grave atropelo na Coruña. Segundo...

As razóns dos traballadores da Compañía de Travías para a folga deste luns 16N

Este luns 16 de novembro, teñan coidado se pensan ir en bus ao posto...

O Concello da Coruña centra a súa campaña do 25N na violencia dixital e vicaria

O Concello da Coruña desenvolverá ata o 3 de decembro unha campaña con motivo...

Corte na AC-214 a partir deste luns por obras na ponte sobre o río Mero, en Cambre

O tráfico estará cortado a partir deste luns, 16 de novembro, polas obras da...