InicioA CORUÑAA Coruña implantará o modelo de cinco colectores

A Coruña implantará o modelo de cinco colectores

Publicada o

Por europapress

O Concello da Coruña aprobou, en Xunta de Goberno local, o anteproxecto necesario para proceder á licitación de obras na planta de tratamento de residuos de Nostián –creada en 2002– para “concretar a remodelación e modernización” co obxectivo de conseguir “o máximo rendemento”. Con estas actuacións pasará a adaptarse á nova normativa europea de cinco colectores.

Así o anunciou a alcaldesa, Inés Rey, na rolda de prensa posterior á Xunta de Goberno, na que destacou que as obras contarán cun investimento de 52 millóns de euros e incluirán a renovación da planta de clasificación para facela “máis eficiente”.

Neste sentido, indicou que Nostián pasará a adaptarse á nova normativa europea de cinco colectores –tratamento de residuos orgánicos, envases, outros restos, papel e vidro– e sumará a xestión dun novo punto móbil para a cidade.

A rexedora sinalou que as actuacións previstas implican “melloras directas para o persoal” coa creación dunha nova zona de estacionamento exclusiva para os traballadores e a construción dun edificio de vestiarios. “A principal novidade e máis importante radica en que se acometerá a remodelación dos circuítos interiores para reforzar a seguridade e a prevención dos empregados”, puntualizou.

Tras a tramitación do informe de viabilidade da explotación de Nostián aprobado a pasada semana, Rey lembrou que “este é o segundo paso administrativo relevante para a licitación do contrato”. “Contrato e licitación que tal e como comprometemos estará preparado neste mandato”, apostilou.

OUTROS ASUNTOS

Noutra orde de cousas, o Concello aprobou tamén o proxecto de obra da nova pista de skate no parque de Eirís que conta cun orzamento base de 524.000 euros e un prazo de execución de sete meses. Autorizou, ademais, a adxudicación do novo contrato do servizo municipal de canguros con 605.000 euros e unha duración de tres anos.

No marco de urbanismo, a Xunta de Goberno local autorizou a concesión definitiva da licenza para a construción da nova residencia “sociocomunitaria” de maiores en Eirís, promovida pola fundación Amancio Ortega con capacidade para 150 usuarios. Contará cun orzamento de 10’7 millóns de euros e un prazo de execución previsto de 36 meses.

Así mesmo, deuse luz verde o proxecto para reaxustar a delimitación dunha das parcelas do polígono da Sardiñeira, “un trámite”, segundo explicou a alcaldesa, para avanzar nas obras da futura estación Intermodal.

ÚLTIMAS

“Non son clientes, son puteros e agresores”. A campaña do 25N da Deputación

Crúa e directa a campaña que da Deputación da Coruña polo 25N, Día Internacional...

Veciños de Monte Mero na Coruña concéntranse contra o plan de vivendas da Xunta: “Quítannos as nosas casas”

Máis dunha vintena de veciños e veciñas afectados polo proxecto da Xunta para impulsar...

Récord no Chuac: 1.000 transplantes desde o 1991

O equipo de transplante cardíaco do Complexo Hospitalario Universitario da Coruña (Chuac) realizou o...

Inés Rey lembra ás 47 mulleres asasinadas pola violencia machista en España este ano: “Non pode haber escusas”

Detrás das cifras da violencia machista hai historias interrompidas, familias marcadas pola perda e...