InicioSOCIEDADEEthel Vázquez ve "falta de compromiso orzamentario" do Concello para a ampliar...

Ethel Vázquez ve “falta de compromiso orzamentario” do Concello para a ampliar o hospital

Publicada o

Por europapress

A conselleira de Infraestruturas, Ethel Vázquez, considerou que por parte do Concello da Coruña existe “falta de compromiso orzamentario” para a ampliación do complexo hospitalario universitario (Chuac).

A preguntas dos xornalistas, asegurou que o goberno local “comprometeuse a financiar os accesos e expropiacións” no protocolo subscrito no seu día. “Non temos os compromisos orzamentarios do concello para poder asinar o convenio”, dixo a conselleira, que se amosou “preocupada” e “desconcertada”.

Noutra orde de cousas, e preguntada pola pasarela entre Oleiros e A Coruña, manifestou que o consistorio, quen mostrou a súa disposición a apoiala pero cunha estrutura baixo a ponte da Pasaxe, aínda non lles trasladou oficialmente a súa postura e que convocaron unha reunión para o mércores na delegación territorial da Xunta.

VIA ÁRTABRA

En canto á execución da Vía Ártabra, reivindicouna como unha “infraestrutura necesaria para a vertebración territorial” e lamentou a “ofensiva xudicial” do Concello de Cambre. Sobre o posterior fallo, insistiu en que non afecta ao trazado. “O que discute é o procedemento cando se aprobou o proxecto do bipartito”, sinalou ao precisar que non pasou polo Consello da Xunta.

ÚLTIMAS

Volotea incorpora 6 novas rutas desde o aeroporto da Coruña

A compañía aérea Volotea operará finalmente 6 novas conexións co aeroporto da Coruña. Ás...

A Coruña planta cara ás multas das zonas de baixas emisións: “Non imos restrinxir nin sancionar por tipo de vehículo”

A loita contra a contaminación nas cidades abre un debate que vai máis alá...

Fronte Ampla súmase na Coruña á campaña “Taxa ao rico”

Esta mañá un grupo de representantes da Fronte Ampla, realizaron  unha acción diante do...

O Concello da Coruña descarta restricións na auga ante a prealerta por seca

A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, descartou a aplicación de medidas con restricións nunha...