InicioSUCESOSFalece unha persoa tras caer ao mar na zona do Náutico na...

Falece unha persoa tras caer ao mar na zona do Náutico na Coruña

Publicada o

Por europapress

Os servizos de emerxencia rescataron este sábado a unha persoa que caera ao mar na zona entre Palexco e o Náutico, na Coruña. Xa fora da auga, os servizos sanitarios trataron de reanimalo, pero faleceu.

Segundo trasladou o 112 Galicia, varias persoas puxéronse en contacto coa central de emerxencias sobre as 06,00 horas para alertar de que escoitaban desde o pantalán os berros dunha persoa pedindo auxilio neste punto.

Con esta información, os operadores do 112 puxeron en marcha o operativo de rescate no que participaron profesionais do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Bombeiros da Coruña, Policía Nacional e Policía Local.

Unha vez fóra da auga, a vítima recibiu asistencia médica por parte dos profesionais sanitarios, que non puideron facer nada por salvarlle a vida. Segundo fontes consultadas por Europa Press, as forzas de seguridade tratan de esclarecer as circunstancias deste suceso. Non é a primeira vez que morren persoas nesa zona do porto da Coruña.

ÚLTIMAS

Outra noite de pelexas na Coruña sáldase cun ferido por arma blanca

Un home resultou ferido nunha pelexa entre varias persoas nun local da Coruña e...

Rapahel suspende o seu concerto minutos antes de comezar a súa actuación na Coruña

Raphael suspendeu o concerto previsto para a noite do sábado, 21 de novembro, no...

Ferido grave un mozo de 18 anos tras ser atropelado por un coche no paseo marítimo

Un mozo de 18 anos resultou ferido grave na Coruña tras ser atropelado por...

Centos de persoas protestan contra Vito Quiles na Coruña: amplo despregamento policial e berros contra o fascismo

Varios centos de persoas secundaron unha protesta na Coruña contra o "fascismo" ante a...