InicioSOCIEDADEUn programa de voluntariado interxeracional para paliar a soidade dos maiores no...

Un programa de voluntariado interxeracional para paliar a soidade dos maiores no concello das Pontes

Publicada o

Por europapress

Un programa de voluntariado interxeracional centrado na atención ás persoas maiores do Concello das Pontes de García Rodríguez conta cunha achega de 19.000 euros por parte da Xunta.

Tal e como informa a Consellería de Política Social e Xuventud, en base a este proxecto farase un estudo das necesidades que se poden cubrir mediante unha bolsa de emprego ou outra fórmula para facer fronte á soidade na terceira idade.

Así, a través de xornadas de convivencia, eventos culturais, rutas de sendeirismo, talleres de receitas tradicionais e a gravación de contidos audiovisuais, entre outros, ofrecerase aos veciños unha alternativa de tempo libre para paliar o seu illamento.

A delegada da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, destacou o papel dos voluntarios xuvenís e sénior neste tipo de propostas e defendeu a aposta do Goberno galego “por levar os servizos e os recursos alí onde as persoas os precisan, neste caso á contorna rural”.

ÚLTIMAS

Ferido grave un mozo de 25 anos tras un atropelo na Coruña

Un mozo de 25 anos resultou ferido tras sufrir un atropelo grave na Coruña....

As razóns dos traballadores da Compañía de Travías para a folga deste luns 16N

Este luns 16 de novembro, teñan coidado se pensan ir en bus ao posto...

O Concello da Coruña centra a súa campaña do 25N na violencia dixital e vicaria

O Concello da Coruña desenvolverá ata o 3 de decembro unha campaña con motivo...

Corte na AC-214 a partir deste luns por obras na ponte sobre o río Mero, en Cambre

O tráfico estará cortado a partir deste luns, 16 de novembro, polas obras da...