InicioSOCIEDADEA UDC incorpora sete novos investigadores Ramón e Cajal

A UDC incorpora sete novos investigadores Ramón e Cajal

Publicada o

Por europapress

A Universidade da Coruña (UDC) incorporou a sete novos investigadores Ramón e Cajal, un programa do Ministerio de Ciencia e Innovación que promove para incorporar persoal investigador, español ou estranxeiro, cunha traxectoria destacada.

As persoas beneficiarias terán financiamento do Ministerio de Ciencia e Innovación durante cinco anos para desenvolver o seu proxecto investigador na universidade ou centro que elixan.

A Universidade da Coruña complementa este financiamento con axudas propiasm ademais de dar facilidades para estabilizar a este persoal investigador excelente ao final da vixencia da súa axuda estatal.

Os novos investigadores son Juan Manuel Bermúdez García, licenciado en Química pola Universidade de Granada e doutor en Química Ambiental e Fundamental pola UDC e José Luís Rodríguez Sánchez, doutor en Física Nuclear e de Partículas pola Universidade de Santiago.

Ademais, Vanessa Álvarez López, licenciada en Bioloxía e doutora do programa de Medio Ambiente e Recursos Naturais pola USC e Juan Antonio Fafián Labora, licenciado en Química pola USC e doutor pola UDC.

A eles súmanse Verónika Georgieva Chobanova, de orixe búlgara, que traballou na USC e incorpórase ao Centro de Investigación en Tecnoloxías da Información e as Comunicacións (CITIC); Cristina Fernández Bessa, doutora en Dereito e Luís Alejandro Branco, licenciado en Bioloxía pola UDC.

ÚLTIMAS

O pleno de setembro volveu amosar a confrontación entre PSOE e BNG

Desenvólvese esta mañá de xoves 10 de setembro un novo pleno no pazo de...

A ANPA do IES Zalaeta: “ É un pulso que nos bota a Xunta”

Seguen en loita as familias do IES Menéndez Pidal de Zalaeta, vendo como o...

CCOO, CIG, UGT e USO boicotean a inauguración do Gadis de Monte Alto esixindo un desbloqueo ao convenio da alimentación

Inaugurábase esta mañá o Gadis de Monte Alto por todo o alto despois de...

30 anos da catástrofe do vertedoiro de Bens

Pasaron 30 anos daquel 10 de setembro de 1996. Moitos lembramos aínda ese cheiro...