InicioA CORUÑAA Coruña, Arteixo e Oleiros, entre os dez concellos con máis PIB...

A Coruña, Arteixo e Oleiros, entre os dez concellos con máis PIB de Galicia

Publicada o

Por europapress

As sete grandes cidades concentran o 44,7% do Produto Interior Bruto (PIB) de Galicia en 2020, segundo a información que publica este venres o Instituto Galego de Estatística (IGE).

Vigo é o concello con maior nivel de actividade produtiva, cun PIB de 7.759 millóns de euros, seguido da Coruña, que xerou 6.786 millóns de euros. Entre ambos achegan o 24,8%. O terceiro en xeración de valor engadido é Santiago de Compostela, que en 2020 xerou 3.593 millóns de euros. Despois sitúase Ourense con 2.300 millóns e a continuación Lugo, Pontevedra, Arteixo e Ferrol.

O Porriño e Oleiros completan a táboa dos dez primeiros concellos por volume de actividade económica. Pola súa banda, Muras é o concello con maior PIB por habitante en 2020 (88.338).

POR COMARCAS

A comarca da Coruña é a principal de Galicia en termos de actividade económica. En 2020 xerou un PIB de 11.306 millóns de euros, o que representa o 19,3% do total de Galicia. Con respecto ao 2018, a actividade reduciuse un 9,4%.

A de Vigo tivo un PIB de 10.709 millóns, que representa un 18,2% do total galego e entre 2018 e 2020 caeu un 0,1%.

As seguintes comarcas en orde de magnitude son as de Santiago, Ourense, Ferrol, Lugo e Pontevedra. Estas sete comarcas achegan o 65,3% do PIB galego e en todas o nivel de actividade reduciuse con respecto a 2018.

Fóra das comarcas cuxa cabeceira é un do sete grandes concellos galegos, destacan O Salnés, O Morrazo e Barbanza. A suma deste tres representa o 7,5% do PIB de Galicia.

PIB POR COMARCA

A comarca de Sar presenta un PIB por habitante de 28.291 euros, case o dobre da media de Galicia. A comarca da A Coruña rexistra a segunda cifra de PIB por habitante con máis de 28.024 euros.

As de Santiago e Terra de Trives sitúanse en terceiro e cuarto lugar respectivamente, mentres a comarca de Vigo é a quinta cun PIB por habitante de 25.772 euros.

A Paradanta, Terra de Celanova, Muros e O Condado están entre as comarcas con menor actividade produtiva por habitante. En todas elas o PIB por habitante é inferior ao 60% da media de Galicia.

ÚLTIMAS

“Moito beneficio, o noso sacrificio”, decenas de traballadores do sector financeiro protestan para reclamar mellores condicións laborais

A Federación de Servizos de Comisións Obreiras (CC.OO.) mobilizouse este xoves na Coruña para...

A Xustiza filipina aprecia probas contra os policías acusados de Diego bello e rexeita arquivar o caso

Xustiza filipina rexeitou arquivar o caso pola morte do coruñés Diego Bello, ocorrida o...

A AMEGA achegou a realidade dos Medios en Galego ao alumnado de Ciencias da Comunicación da UD

Interesante xornada de reflexión sobre o panorama actual dos medios de comunicación acollía esta...

Obdulia Taboadela encabezará finalmente a candidatura do PSdeG-PSOE na provincia da Coruña ás eleccións xerais do 29N

O Comité Provincial do PSdeG-PSOE da Coruña aprobou esta pasada tarde de mércores 14...