InicioM.AMBIENTE E PATRIMONIODenuncian que os cazarodes disparan cerca de carreiros sinalizados de Arteixo

Denuncian que os cazarodes disparan cerca de carreiros sinalizados de Arteixo

Publicada o

Por europapress

A Fundación Franz Weber (FFW) denunciou este martes a aparición, de forma reiterada, de cartuchos detonados en carreiros sinalizados de Arteixo, o que supón un perigo para quen practique deportes ao aire libre e para os residentes destas zonas.

Segundo advertiu a fundación nun comunicado, estes actos constitúen tamén unha infracción da Lei de Caza, ao non recoller os elementos no medio natural. Deste xeito, FFW explicou que a actual Lei de Caza permite disparar en camiños, carreiros e mesmo estradas non asfaltadas, o que “multiplica o risco de sufrir feridas mortais”.

Nesta liña, indicou que o Valedor do Pobo xa reclamou á Xunta derrogar esta parte do articulado “sen que o executivo tomase en conta a súa petición”. Así mesmo, criticou “a carencia de regulamento, o que fai que non exista un conxunto de criterios básicos para sinalizar batidas, concretar protocolos sobre controis de alcoholemia e drogas”.

FFW explicou que estas queixas se producen pouco despois do accidente de caza no termo municipal de Silleda, no que se viu involucrado un menor. Así, subliñou que os escopeteros realizan a súa actividade sen contar con que se atopan en carreiros sinalizados polos que circulan ciclistas, motoristas e familias.

ÚLTIMAS

A Coruña garda un minuto de silencio por Maricarmen, convertida en símbolo da loita pola vivenda

Decenas de persoas asistiron na praza de María Pita ao minuto de silencio convocado...

Reaccións ante o pasamento de Xosé Manuel Beiras

Morreu Xosé Manuel Beiras (Santiago de Compostela 1936- Brión 2026)., un dos grandes políticos...

Vandalizan as sedes da Universidade privada de Abanca de Coruña e Compostela

As sedes da Universidad Intercontinental de la Empresa (UIE) na Coruña (na rondade Nelle)...

Denuncian a poxa de bens do Pazo de Meirás dos herdeiros de Franco

O pasado mes de xullo, a familia dos herdeiros de Franco apuraban para sacar...