InicioCULTURAA Deputación da Coruña celebrará o 10 de febreiro a gala dos...

A Deputación da Coruña celebrará o 10 de febreiro a gala dos seus premios culturais

Publicada o

Por europapress

A Deputación da Coruña celebrará o 10 de febreiro a gala de entrega dos seus premios culturais, un total de nove, segundo informa. Será no Teatro Colón, na cidade herculina.

En total subirán a recoller o seu premio unha ducia de persoas e entidades, “nunha gala que recuperará a escenografía do pasado ano, especialmente deseñada a partir da idea de simbolizar a luz que a cultura, a través de diversas manifestacións artísticas, achega á sociedade”.

A gala comezará ás 19,00 horas e estará aberta ao público en xeral, con asistencia grautita ata completar aforamento. Estará conducida pola xornalista Marga Pazos e contará coa actuación da contadora Carmen Conde e coa música de Antía Muíño.

Ademais dos premiados e premiadas, tamén se espera a asistencia das persoas que participaron de maneira directa no desenvolvemento destes premios, en calidade de xurados, comisariados e comisións lectoras.

ÚLTIMAS

Buscan o autor do atropelo que acabou coa vida dun mozo de 25 anos

Un mozo de 25 anos morreu como consecuencia dun grave atropelo na Coruña. Segundo...

As razóns dos traballadores da Compañía de Travías para a folga deste luns 16N

Este luns 16 de novembro, teñan coidado se pensan ir en bus ao posto...

O Concello da Coruña centra a súa campaña do 25N na violencia dixital e vicaria

O Concello da Coruña desenvolverá ata o 3 de decembro unha campaña con motivo...

Corte na AC-214 a partir deste luns por obras na ponte sobre o río Mero, en Cambre

O tráfico estará cortado a partir deste luns, 16 de novembro, polas obras da...