InicioSOCIEDADEA investigadora Ana Díaz pon en valor a importancia dos coidados no...

A investigadora Ana Díaz pon en valor a importancia dos coidados no Alzheimer cun novo libro

Publicada o

Por Ubaldo Cerqueiro

Ana Díaz Cortés (A Coruña, 1973) é licenciada en Sociolocía e doutora pola Universidad de A Coruña. Docente e investigadora, é tamén autora de artigos sobre a importancia dos coidados na nosa sociedade, como recoñece na “Guía de Apoyo al Cuidador de pacientes con demencia”.

Desta volta, a autora herculina lanza “El círculo de la Vida”, editado por Ézaro Edicións, onde narra unha historia que visibiliza a realidade da enfermidade do alzheimer, poñendo un grao de area na normalización da patoloxía na nosa sociedade .

Cunha parte didáctica, o conto detalla unha serie de valores para traballar cos máis pequenos.
A protagonista da historia é Irene, unha nena de 9 anos que vive coa súa avoa recentemente diagnosticada de Alzheimer. A pequena que vai descubrindo a patoloxía no medio da incerteza e da inocencia, ve o deterioro como un proceso natural, implicándose na tarefa de coidado, amosando un alto grao de empatía e corresponsabilidade.

ÚLTIMAS

Protestas do persoal de Eulen ante a Xunta

Traballadores de Eulen acodiron esta mañá a unha concentración diante do edificio administrativo da...

Arrincou a campaña electoral para as eleccións xerais do 29N

Comezou, coa tradicional pegada de carteis, a campaña electoral de cara ás eleccións xerais...

A delicada tesitura do Centro Ocupacional Pascual Veiga

Entre a Falperra e os Mallos, silencioso nun primeiro piso enriba dunha oficina de...

O FESTIGUAL enche a fin de semana de teatro inclusivo para toda a familia

Continúa en marcha o FESTIGUAL. O ciclo organizado pola Fundación Emalcsa e o Concello...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here