InicioSOCIEDADEOs senegales que auxiliaron a Samuel Luiz volven ter ofertas de traballo...

Os senegales que auxiliaron a Samuel Luiz volven ter ofertas de traballo tras ser despedidos

Publicada o

Por europapress

Os dous senegales que trataron de auxiliar a Samuel Luiz — o mozo falecido na Coruña en xullo de 2021 tras unha brutal malleira no paseo marítimo– recibiron ofertas de traballo tras o seu recente despedimento.

Así o confirmaron a Europa Press desde a CIG, sindicato co que se puxeron en contacto os dous homes tras o despedimento por parte de Puertas Betanzos, empresa que, no seu momento e tras coñecerse a súa participación no caso de Samuel Luiz, contratounos.

“Está a haber algunha chamada, máis dunha, ao sindicato para ofertarlles un posto de traballo”, indicaron desde a central sindical. Desde a CIG, incidiron en que os dous homes o que queren é seguir “traballando”. “Queren gañarse a vida”, engadiron despois de denunciar que a empresa para a que traballaban despediunos por “coller vacacións”, algo que desde a mesma negaron.

En concreto, alegaron causas ecónomicas e produtivas e a necesidade de persoal “máis cualificado”. Con todo, desde a CIG, que se ratificaron nas súas denuncias sobre a empresa, aseguran que na carta de despedimento aos dous homes “recoñécese a improcedencia”. “Invoca causas económicas, pero non dá ningunha cifra que poida sustentalo”.

Tamén alegaron contradicións no relato da mesma sobre as causas do despedimento, mentres que a empresa avanzou que interporá unha demanda xudicial para esixir á CIG unha rectificación.

ÚLTIMAS

(Vídeos) – Histórica manifestación na Coruña pola vivenda con máis de 30.000 persoas nas rúas

73 minutos. Ese foi o tempo que tardou en pasar toda a manifestación unitaria...

Os sindicatos valoran o seguemento e as manifestacións da Folga Xeral: “Está sendo un éxito”

Parece domingo este mércores 11 de novembro na Coruña. A Folga Xeral por unha...

A folga deixa numerosas tendas e bares pechados na Coruña: “Tres ou catro clientes contados e despois nada”

A folga xeral deste mércores, 11 de novembro, deixou unha imaxe desigual nas rúas...

A folga do 11N comeza cos piquetes informativos e importante seguemento nas quendas nocturnas

Así arrinca a xornada de folga neste 11N, con piquetes informativos nos puntos industriais...