InicioM.AMBIENTE E PATRIMONIORecrean 350.000 anos de historia na Coruña... así foron as glaciacións, o...

Recrean 350.000 anos de historia na Coruña… así foron as glaciacións, o cambio de especies e a chegada do home

Publicada o

Por Xurxo Salgado

Estación Visual A Coruña presetou este venres o resultado do‘crowfunding’ para financiar o seu proxecto de reconstrución virtual da historia do territorio da cidade herculina desde hai 350.000 anos, así como da evolución da Torre de Hércules co paso dos mesmos. “Foi un proxecto integrador no científico e no histórico pola súa escala espacial e temporal á que podemos achegarnos cun fotorrealismo de escala humana”, indicou Enrique Cabarcos, portavoz do proxecto, durante a presentación na que participou un dos maiores especialistas galegos en xeografía, Juan Ramón Vidal Romaní, que tamén participou no proxecto, e o reitor da UdC, Xulio Abalde.

Este gran proxecto reconstrúe boa parte da historia xeolóxica da Coruña e permite que nos acheguemos a feitos universais como as glaciacións, as subas e baixadas do nivel do mar, os cambios nas especies, a chegada do ser humano ou o Imperio Romano. “O proxecto móvese nas dúas direccións: permite ver “todo” a través da Coruña, pero tamén coloca A Coruña no centro”, indicou Cabarcos.

Recreación da Torre de Hércules nas súas orixes/ Estación Visual

Estación Visual realizou un gran proxecto para entender doutro xeito o que foi a evolución da Coruña como paisaxe e como cidade. “Nós vivimos vidas nas que a paisaxe natural é moitas veces case inmutable. Pero, a outra escala, esa paisaxe inmutable é circunstancia. E tamén o libro ten un certo valor evocador nese sentido. Tantas transformacións naturais ata chegar ao mapa recoñecible”, suliñou.

POR QUE NON SE IMPLICAN AS INSTITUCIÓNS?

Este proxecto non queda só na época romana. O proxecto completo está concibido (e traballado en parte) ata o século XIX. Por iso, o obxectivo agora é reconstruir eses case 1.500 anos que aínda quedan por coñecer da cidade. Por iso, o proxecto está aberto a que as institucións públicas (ou entidades privadas) para que promovan economicamente a súa ampliación e continuidade.

“É un proxecto aberto a medrar permanentemente tanto polo traballo de fondo como por concepto, polas disciplina e novidades que pode incorporar e, en último termo, sempre adaptable aos novos avances tecnolóxicos”, dixo Cabarcos. O obxectivo é que A Coruña sexa unha cidade de referencia ao ter un Observatorio do seu propio pasado con todas esas características.

Re reación da torre de Hércules e da Baía da Coruña / Estación Visual

ÚLTIMAS

O goberno da Coruña abre unha vía de negociación co BNG tras o bloqueo dos orzamentos

O voceiro do goberno municipal da Coruña, o socialista José Manuel Lage, avanzou que...

A patronal dos supermercados da Coruña cuestiona as folgas e defende a súa oferta salarial

A Asociación de Supermercados da provincia da Coruña puxo en cuestión que se manteñan...

A Coruña únese este sábado á Limpeza Simultánea de Praias

Únense varios colectivos á XV Limpeza Simultánea de Praias, que a Asociación Ecoloxista ADEGA propón...

EMVSA asume a xestión da piscina municipal climatizada cuberta de San Amaro despois de 3,5 anos co contrato caducado

Dende maio de 2023 leva caducada a xestión da piscina municipal de Santo Amaro,...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here