InicioCULTURA12.000 euros para "promover ao fomento e difusión das artes visuais"

12.000 euros para “promover ao fomento e difusión das artes visuais”

Publicada o

Por editor

A Fundación María José Jove convoca o Premio Internacional de Arte Marta García-Fajardo (MGF) 2023 cuxo obxectivo é “contribuír ao apoio da práctica artística e ao fomento e difusión das artes visuais”, segundo explicou a entidade.

A novena edición deste certame bienal de ámbito internacional conta cunha dotación económica de 12.000 euros. A obra galardoada pasará a formar parte dos fondos da Colección de Arte Fundación María José Jove (FMJJ). Inclúe, ademais, a edición dunha publicación monográfica dedicada á traxectoria do artista gañador.

Este premio está dirixido a artistas de ata 40 anos de calquera nacionalidade e lugar de residencia. Cada creador dispón de total liberdade en canto á disciplina de presentación e poderá concorrer con ata dúas obras.

O xurado valorará “especialmente” a traxectoria artística dos creadores, o discurso socio-cultural exposto e a súa proxección internacional. O rexistro das obras participantes terminará o próximo 4 de maio e o fallo farase público o 30 de xuño.

ÚLTIMAS

Buscan o autor do atropelo que acabou coa vida dun mozo de 25 anos

Un mozo de 25 anos morreu como consecuencia dun grave atropelo na Coruña. Segundo...

As razóns dos traballadores da Compañía de Travías para a folga deste luns 16N

Este luns 16 de novembro, teñan coidado se pensan ir en bus ao posto...

O Concello da Coruña centra a súa campaña do 25N na violencia dixital e vicaria

O Concello da Coruña desenvolverá ata o 3 de decembro unha campaña con motivo...

Corte na AC-214 a partir deste luns por obras na ponte sobre o río Mero, en Cambre

O tráfico estará cortado a partir deste luns, 16 de novembro, polas obras da...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here