InicioDEPORTESAs Brigantias Roller Derby comezan con vitorias a Liga Galega

As Brigantias Roller Derby comezan con vitorias a Liga Galega

Publicada o

Por editor

As Brigantias Roller Derby xa están en marcha nesta nova campaña. O equipo herculino e santiagués, nado en 2012, e un dos catro equipos oficiais de España pola WFTDA (Women ́s Flat Track Derby Association), arrincaba este pasado sábado 25 de febreiro en Vigo os primeiros encontros da Liga Galega.

O club conta con dous equipos este ano na categoría autonómica, o A e o B, que eran recibidas en Vigo polas Sereas Bravas. A cidade olívica acollía a posta de longo da temporada, nunha Liga Galega que se irá desprazando por distintos puntos da xeografía galega para que se enfronten os cinco equipos participantes.

Brigantias Roller Derby en Vigo 2

Este sábado As Brigantias A comezaron con dúas vitorias: contra As Brigantias B e contra Sereas Bravas, mentres que As Brigantias B venceron ás Jabatas, o equipo ourensán.

Os resultados foron:

  • As Brigantias A vs. As Brigantias B: 121-25.
  • Jabatas vs. Irmandiñas: 114-152.
  • Sereas Bravas vs. As Brigantias A: 66-127
  • As Brigantias B vs. Jabatas: 115-88.

O vindeiro domingo 19 de marzo terá lugar na Coruña a segunda xornada da Liga Galega de Roller Derby, organizada esta vez por As Brigantias, na que tanto o equipo A como o B terán que enfrontarse a Irmandiñas.

ÚLTIMAS

A mesta néboa obriga a desviar dous voos da Coruña a Vigo

Dúas aeronaves tiveron que ser desviadas do aeroporto da Coruña ao de Vigo debido,...

O Recorda Fest reúne na Coruña a Juan Magán, Hombres G e máis dunha vintena de artistas

A Coruña converterase esta fin de semana nun dos puntos de encontro da música...

A escritora estadounidense Fran Lebowitz conversará con Daniel Mendelsohn no centro MOP da Coruña

O centro MOP da Coruña acollerá unha nova cita das 'MOP Talk', que esta...

O PP aberto a falar dos orzamentos municipais fronte a un BNG que descarta pactos

O portavoz do grupo municipal do PP no Concello da Coruña, Miguel Lorenzo, ofreceu...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here