InicioPOLÍTICAA Coruña crecerá cara a baía tras a saída de Repsol do...

A Coruña crecerá cara a baía tras a saída de Repsol do porto, segundo a alcaldesa

Publicada o

Por europapress

A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, ve “completamente positiva” a inauguración, este venres día 3 de marzo, do novo terminal petroleiro marítimo de Repsol no porto exterior da cidade herculina. Respecto ao futuro do peirao de San Diego, pediu “mesura e tranquilidade” para ir definindo os seus usos.

Supón un paso importantísimo que sen o tren a Langosteira non sería posible“, puntualizou e lembrou que esta conexión ferroviaria é unha realidade “grazas ao investimento que fai o Goberno de España nesta infraestrutura tan demandada desde hai tantos anos”. Rey recalcou que esta inauguración vai contribuír ao proceso de apertura dos peiraos, “desafectación dos mesmos e á construción da nova cidade cara a ese lado da baía nos próximos anos”.

PEIRAO DE SAN DIEGO

Respecto da futura liberación do peirao de San Diego, cuxa concesión da compañía enerxética finaliza en 2027, a alcaldesa pediu “mesura e tranquilidade” para ir definindo “moi ben os usos para a cidade, sen precipitarse e sen visións cortoplacistas”.

Nisto hai que ter luces longas, non é un proxecto a curto prazo é o desenvolvemento máis importante que vai vivir a cidade no século XXI”, recalcou. Cuestionada tamén polo uso dos peiraos para concertos, Inés Rey insistiu en que o Concello mantén “contacto permanente” coa Autoridade Portuaria para “poder abrilos tamén este verán” á celebración dos

ÚLTIMAS

E a Casa Cornide segue sen abrir

A Xunta xustifica a existencia dun litixio coa familia Franco que impide maior afluencia...

As “maquis” Filomena e Dolores, as coruñesas combatentes da Resistencia Francesa

Estes días toda Europa celebrou o fin da II Guerra Mundial, pero aínda hai...

O colexio coruñés da Sagrada Familia tamén gaña o Premio Dígocho Eu de Ouro

Ademais do Premio Mil Primaveras, o proxecto proxecto "Vitamina G" do CEIP Sagrada Familia...

A suba do aluguer social a cooperativistas de Xuxán irá ao Senado da man do PP

O PP rexistrará no Senado unha pregunta e unha moción sobre a situación de...