InicioSOCIEDADEComezan as expropiacións para executar a Torre Polivalente do 'Novo Chuac'

Comezan as expropiacións para executar a Torre Polivalente do ‘Novo Chuac’

Publicada o

Por europapress

O Goberno galego deu luz verde ao decreto polo que se declara a utilidade pública e disponse a urxente ocupación dos terreos necesarios para executar “unha das primeiras obras visibles” que conformarán a ampliación do Complexo Hospitalario Universitario da Coruña, o ‘Novo Chuac’: a Torre Polivalente.

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, destacou, tras a reunión semanal do Executivo, que o novo hospital coruñés é “unha infraestrutura fundamental” para o Goberno galego, no que se van a investir 500 millóns de euros co obxectivo de consolidar este centro “como un dos mellores de España”.

O investimento que o Goberno galego destinará á Torre Polivalente é de 37,2 millóns de euros, nos que se inclúe o pago dunha parte de terreo lindeiro coa parcela onde levará a cabo a actuación, que é precisa para a demolición do actual Hospital de Pacientes e para a execución dun novo, dentro do ámbito do futuro complexo hospitalario.

O paso do Executivo autonómico que impulsa esta actuación chega tras o acordo alcanzado o pasado 14 de marzo entre a Xunta e o Concello da Coruña para desbloquear o convenio sobre o ‘Novo Chuac’, o que permite –destaca o Goberno galego– poder empezar a licitar as obras desta actuación. ueda lembrou que, segundo o acordo pechado, o Concello farase cargo de financiar os accesos ao hospital e a Xunta das expropiacións necesarias. Esta decisión, agrega o Goberno galego, xunto cun plan de pagos flexible para a achega municipal, propiciou o desbloqueo do convenio.

A Torre Polivalente é a primeira fase do futuro Hospital Público da Coruña, de modo que a intervención dea como resultado un novo complexo que integre o que se vai a construír co que xa existe, funcionando todo como un conxunto.

LICITACIÓN NO SEGUNDO TRIMESTRE

O novo edificio terá 13.700 m2 e 16 plantas de altura, catro delas baixo rasante, destinadas a usos sanitarios polivalentes, hotel de pacientes e áreas administrativas que se conectarán mediante unha pasarela co hospital existente.

A redacción do proxecto da Torre Polivalente adiantouse ao resto de espazos do ‘Novo Chuac’, polo que a previsión da Xunta é licitar neste segundo trimestre as obras, que terán un prazo de execución de 12 meses.

ÚLTIMAS

Como lle vai a Óscar Gilsanz?

Xornada 23 – Burgos CF 0 – Deportivo - 1 O Depor amosa...

Luz verde da Xunta ao informe ambiental de modificación do PXOM de Coruña para 520 vivendas protexidas máis en Xuxán

A Xunta de Galicia deu luz verde ao informe ambiental de modificación do PXOM...

Atopan morta unha muller no interior dunha fonte dunha praza da Coruña

As primeiras investigacións non apuntan a un feito violento en relación á muller achada morta...

A UDC lidera un programa de atención psicoterapéutica, con atención a 491 menores en situación de risco e desamparo

Un total de 491 nenos e nenas derivados polos equipos técnicos de menores da...