InicioSOCIEDADEO Concello da Coruña estrea un centro integral de mobilidade para mellorar...

O Concello da Coruña estrea un centro integral de mobilidade para mellorar o tráfico

Publicada o

Por europapress

O Concello da Coruña estreou o Centro Integral de Mobilidade con novas pantallas e equipos informáticos para o seguimento do fluxo do tráfico e a mobilidade urbana da cidade herculina. O sistema contará con dispositivos con intelixencia artificial e ‘big data’.

Segundo explicou a alcaldesa, Inés Rey, o obxectivo desta iniciativa é “facilitar os desprazamentos avanzando cara a unha A Coruña máis sustentable e máis segura”. O proxecto conta cun orzamento de seis millóns de euros procedentes dos fondos europeos Next Generation que inclúe a adquisición de novos dispositivos de control e seguimento do fluxo do tráfico, 88 novos paneis de información cidadá e medidores de calidade do aire. O centro de control completarase coa instalación de 190 cámaras, que se sumarán ás 200 existentes.

Un convenio de colaboración entre as administracións permitirá, ademais, ao Concello da Coruña obter información das 37 cámaras da Dirección Xeral de Tráfico sobre as entradas e saídas da cidade.

ÚLTIMAS

Outra noite de pelexas na Coruña sáldase cun ferido por arma blanca

Un home resultou ferido nunha pelexa entre varias persoas nun local da Coruña e...

Rapahel suspende o seu concerto minutos antes de comezar a súa actuación na Coruña

Raphael suspendeu o concerto previsto para a noite do sábado, 21 de novembro, no...

Ferido grave un mozo de 18 anos tras ser atropelado por un coche no paseo marítimo

Un mozo de 18 anos resultou ferido grave na Coruña tras ser atropelado por...

Centos de persoas protestan contra Vito Quiles na Coruña: amplo despregamento policial e berros contra o fascismo

Varios centos de persoas secundaron unha protesta na Coruña contra o "fascismo" ante a...