InicioA CORUÑATres novas bases de Bicicoruña en Monte Alto, Catro Camiños e Eirís

Tres novas bases de Bicicoruña en Monte Alto, Catro Camiños e Eirís

Publicada o

Por editor

Hoxe activáronse as novas estacións de Bicicoruña situadas na da rúa Picavia e no Centro Sociocultural Ágora. Pero ademais, o Concello está instalando instalando tres novas bases do servizo BiciCoruña, situadas na rúa Antonio Santiago —entre o mercado provisional de Monte Alto e o Centro Cívico-, en Indalecio Prieto, no espazo PMUS disposto en Catro Camiños, baixo o viaduto da avenida Alfonso Molina e no parque de Eirís, na contorna da cúpula.

As estacións estarán activas en dúas semanas, completando un total de 37 bases.

De paso, o Concello informa que no que vai de marzo, BiciCoruña bateu o récord histórico de actividade no servizo, con 69.237 usos, o máximo contabilizado desde a posta en marcha da plataforma.

ÚLTIMAS

Buscan o autor do atropelo que acabou coa vida dun mozo de 25 anos

Un mozo de 25 anos morreu como consecuencia dun grave atropelo na Coruña. Segundo...

As razóns dos traballadores da Compañía de Travías para a folga deste luns 16N

Este luns 16 de novembro, teñan coidado se pensan ir en bus ao posto...

O Concello da Coruña centra a súa campaña do 25N na violencia dixital e vicaria

O Concello da Coruña desenvolverá ata o 3 de decembro unha campaña con motivo...

Corte na AC-214 a partir deste luns por obras na ponte sobre o río Mero, en Cambre

O tráfico estará cortado a partir deste luns, 16 de novembro, polas obras da...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here