InicioSOCIEDADEO TSXG obriga á Sociedade Deportiva Hípica a pagar do IBI

O TSXG obriga á Sociedade Deportiva Hípica a pagar do IBI

Publicada o

Por europapress

A sección cuarta da Sala do Contencioso-administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) descartou que a Real Sociedade Deportiva Hípica da Coruña estea exenta de pagar o Imposto sobre Bens Inmobles (IBI) dos exercicios 2019 e 2020, que ascende a 29.547 euros.

Os maxistrados rexeitaron nunha sentenza a anulación das liquidacións do gravame que solicita a entidade, a cal defende que os terreos e instalacións nas que desenvolve actividades deportivas e recreativas cumpren o requisito de afección á defensa nacional e, por tanto, entende que están libres do pago.

O TSXG subliña, con todo, que o destinatario desas actividades “non é o persoal militar, nin de forma exclusiva nin con carácter preferente, senón a sociedade civil”. Así, destaca que a finalidade que cumpren as instalacións é “facilitar aos socios a práctica da equitación e outros deportes, e proporcionarlles festas, distraccións e comodidades propias dos centros de reunión da súa categoría”.

Por iso, recalca que para que a afectación á defensa nacional exista, para os efectos de aplicar a exención tributaria solicitada pola Hípica, debe de existir “”unha vinculación dos inmobles ou terreos a actividades destinadas, senón de forma exclusiva, si polo menos de forma prioritaria ao persoal militar ou os seus familiares”.

ÚLTIMAS

Crean unha plataforma na Coruña para defender ás persoas sancionadas na protesta contra Vox

Nace hoxe a Plataforma Antirrepresiva da Coruña (PAC). Faino tras os disturbios e as cargas...

Vioño e Abelleira lideran a 22ª Liga Interclub de Mus da Coruña

A 22ª Liga Interclub de Mus da Coruña, organizada pola Asociación Amigos do Mus...

A XGL destina 3 millóns de euros a mellorar a extinción de incendios e a executar orzamentos participativos

O Concello da Coruña aprobou este luns en Xunta de Goberno Local os trámites...

FAVA Coruña escolle á Fundación Salma e o Viñetas do Atlántico nos Premios COGAVE 2026

A Federación de Asociacións Veciñais da Coruña e Área Metropolitana anuncia os galardoados dos...