InicioOPINIÓNUn de abril, o Día dos Enganos

Un de abril, o Día dos Enganos

Publicada o

Por Xurxo Souto

“O un de Abril van os burros onde non deben ir”, que ninguén se dea por aludido. É a verbalización dun retrouso que documenta esta data como día dos “enganos”. As bromas que en España soen asociarse ao 28 de decembro, Día dos Inocentes, celébranse en Portugal, en toda Europa Occidental, e, como demostra o refrán, até hai ben pouco en Galiza, no un de Abril, ou sexa hoxe, Día dos Enganos. Queda aberta a veda para o oficio da  alegría.

En Francia a rapazada tenta pendurarche un recorte con forma de peixe nas costas. E en Escocia mandan o inocente ir cazar cotobelos….Si, todos aprendemos a técnica na infancia: “Cotobelo, belo, vén, cotobelo, belo vai!”.

A festa parece que ten, coma sempre, orixe romana: o festival da Cerelia: Proserpina raptada por Plutón é buscada inutilmente pola súa nai Ceres. Aí naceu a teima de mandar buscar ao incauto o que nunca poderá ser atopado.

Por esta banda do mundo, o Día dos Enganos conviviu durante séculos co día dos Inocentes. Até unha data ben concreta: o de 1 Abril de 1939, remate da Guerra Civil. Nas pompas franquistas, os burros que van onde non deben ir non cadraban moi ben coa celebración da súa vitoria.

Todo argumento é bon para a opción da alegría. Aínda che quedan unhas horas para planificar brincadeiras. E, se algún fociño revirado se ofende, explícalle con erudición o significado da data  (dobre condena para o trosma ignorante).

Na Coruña poderiámolo rebautizar tamén como (outro) Día Lugrís. Pois o pintor do mar foi tamén autor das bromas mais pesadas das que se lembran na cidade. Acudo a un clásico. No paseo polos Catóns a súa poderosa humanidade abrazou afectuosamente a un transeúnte: Papá, papá!… Desculpe, mozo, mais eu non son o seu pai… Perdón!

Lugrís correu ás presas cara á Rúa Nova, deu a volta pola Estrela, santa Catarina, Cantón, até que volveu atoparse co mesmo transeúnte:  Papá, papá! Acabo de ver a un imbécil que era cuspidiño a ti!

(por certo, os seus murais no antigo restaurante Fornos, na rúa dos Olmos, seguen sen recibir o coidado que precisan, diante do risco inminente de destrución; e isto non che é ningunha brincadeira).

ÚLTIMAS

Ponse en funcionamento a estación intermodal de autobuses con profundos cambios nas liñas

Hoxe martes 3 de novembro, ten lugar a pertura da estación intermodal de autobuses...

Despregan unha faixa denunciando as 20.000 vivendas baleiras da cidade

A organización xuvenil do BNG na Coruña, realizou un despregamento de tres faixas no...

Retencións de cinco quilómetros na AP-9 á saída da Coruña por un accidente en Cambre

Un accidente de tráfico rexistrado esta mañá de martes na AP-9, á altura do...

Crean unha plataforma na Coruña para defender ás persoas sancionadas na protesta contra Vox

Nace hoxe a Plataforma Antirrepresiva da Coruña (PAC). Faino tras os disturbios e as cargas...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here