InicioSOCIEDADEO Concello da Coruña aproba o financiamento dos accesos pola ampliación do...

O Concello da Coruña aproba o financiamento dos accesos pola ampliación do Chuac

Publicada o

Por europapress

O Concello da Coruña aprobou financiar investimentos por 11 millóns de euros, entre eles os accesos pola ampliación do complexo hospitalario universitario da Coruña (Chuac).

En concreto, aprobou unha modificación de crédito por valor de 10,8 millóns de euros nos orzamentos deste ano, “unha operación necesaria para acometer investimentos como a primeira anualidade das achegas que destinará o concello ás obras nos accesos”. Neste 2023, será dun millón de euros. O modificativo abarca doce créditos extraordinarios, por valor de 4,7 millóns de euros, e tamén doce suplementos de crédito, de 6,1 millóns de euros.

Por medio destas partidas, o goberno local prevé incrementar as dotacións do servizo municipal de Bombeiros e sufragar as nualidades correspondentes ás obras de urbanización en Xuxán, así como as intervencións de rehabilitación urbanística vinculadas a fondos Eidus.

Por outra banda, o goberno local levará a pleno esta semana o novo texto do convenio que incorpora os acordos alcanzados entre o consistorio e a Xunta para o novo hospital Ademais, tamén se debaterá na sesión plenaria o anexo de subvencións nominativas correspondente ao ano 2023, dotado con 7,2 millóns de euros.

En relación ao acordado na Xunta de Goberno, o portavoz do BNG no Concello, Francisco Jorquera, critica a “forma e o fondo” á hora de presentar o modificativo de crédito dos orzamentos prorrogados de 2022. “O modificativo chega cunha tardanza de catro meses”, sostén.

ÚLTIMAS

Despregan unha faixa denunciando as 20.000 vivendas baleiras da cidade

A organización xuvenil do BNG na Coruña, realizou un despregamento de tres faixas no...

Retencións de cinco quilómetros na AP-9 á saída da Coruña por un accidente en Cambre

Un accidente de tráfico rexistrado esta mañá de martes na AP-9, á altura do...

Crean unha plataforma na Coruña para defender ás persoas sancionadas na protesta contra Vox

Nace hoxe a Plataforma Antirrepresiva da Coruña (PAC). Faino tras os disturbios e as cargas...

Vioño e Abelleira lideran a 22ª Liga Interclub de Mus da Coruña

A 22ª Liga Interclub de Mus da Coruña, organizada pola Asociación Amigos do Mus...