InicioCULTURARecuperan nun volume máis de 30 artigos da escritora Emilia Pardo Bazán

Recuperan nun volume máis de 30 artigos da escritora Emilia Pardo Bazán

Publicada o

Por europapress

A Fundación Luís Seoane acolle este mércores, ás 19,00 horas, a presentación de Emilia Pardo Bazán, xornalismo e Marineda, volume á cargo da conservadora da Casa-Museo Emilia Pardo Bazán, Xulia Santiso, e da historiadora de arte Patricia Angulo.

Trátase, segundo informa a Real Academia Galega (RAG), dun libro que recupera máis de 30 artigos da escritora coruñesa relacionados coa súa cidade, a maioría deles non reeditados ata o momento, publicados na prensa galega e noutros lugares de España e de América.

No acto tomarán a palabra Xulia Santiso; a presidenta da Asociación da Prensa da Coruña, Doda Vázquez; o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, e Fernando Ojea, promotor en primeira instancia da publicación.

O xornalista foi quen cedeu a dotación que recibiu polo premio Cronista Emilio Quesada, da Asociación da Prensa da Coruña en 2021, para facer realidade un volume que rescatase o articulismo de Emilia Pardo Bazán vinculado á súa cidade natal.

ÚLTIMAS

Estas son as alternativas para evitar o corte de tráfico na rolda da Pasaxe

Entre o luns 30 de marzo e o mércores 1 de abril, a Xunta...

Sirat e Antes de Nós triunfan nuns Mestres Mateo de triunfo feminino

Sirāt e Antes de nós protagonizaron a gala dos XXIV Premios Mestre Mateo, celebrada no Auditorio Fuxan os...

Un incendio calcina unha habitación nunha vivenda na Ronda de Outeiro e o fume afecta a dúas persoas, que foron trasladadas

Un incendio calcinou unha habitación nunha vivenda na Coruña e saldouse con dúas persoas...