InicioSOCIEDADEOllo... este luns 15 de maio haberá incendio simulado en Elviña

Ollo… este luns 15 de maio haberá incendio simulado en Elviña

Publicada o

Por europapress

A Xunta comunicou a realización dun simulacro de emerxencia causado por un incendio forestal na parroquia de Elviña ás 8,00 deste luns 15 de maio, no lugar de Feáns, onde se reunirá a diversos grupos de intervención para ensaiar a súa coordinación en caso dunha situación real.

A Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes informou a través dun comunicado que a iniciativa ten entre os seus obxectivos “pór a proba os sistemas de comunicación e información á poboación, os procedementos de activación dos plans de actuación municipal e, sobre todo, poderanse testar as tarefas asignadas aos distintos grupos operativos e grupos de control”.

Ademais, avaliarase a efectividade do Plan especial de Protección Civil ante emerxencias por incendios forestais en Galicia (Peifoga) e a súa interacción co Plan de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais en Galicia (Pladiga).

O departamento autonómico afirmou que se desprazarán servizos de loita contra o lume da Consellería do Medio Rural e o Grupo de Apoio Loxístico de Intervención (GALI) da Axencia Galega de Emerxencias (Axega).

En concreto, participarán 3 técnicos, 5 axentes, 5 brigadas, 5 motobombas, os servizos de prevención, extinción de incendios e salvamento (Speis) do municipio da Coruña e do consorcio provincial contra incendios e salvamento da Coruña, xunto con 2 ambulancias da Cruz Vermella.

ÚLTIMAS

Os tres grupos aproban por unanimidade apoiar ás 50 familias afectadas polos 8 edificios comprados por fondos boitre

Importante (haberá que ver se se traduce en feitos) o acordo ao que chegaron...

A Xunta di non ter constancia de “tantas queixas” co problema de buses na Intermodal da Coruña

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, admitiu posibles "desaxustes" nalgún servizo...

O goberno local da Coruña manterá a conxelación de taxas e tributos o próximo ano

O goberno local da Coruña ten previsto manter as taxas e tributos municipais sen...

(Vídeos) – Histórica manifestación na Coruña pola vivenda con máis de 30.000 persoas nas rúas

73 minutos. Ese foi o tempo que tardou en pasar toda a manifestación unitaria...