InicioSOCIEDADEDous galegos especialistas en medicina subacuática formarán a pescadores senegaleses en prevención...

Dous galegos especialistas en medicina subacuática formarán a pescadores senegaleses en prevención de problemas de saúde

Publicada o

Por europapress

O vindeiro sábado 3 de xuño, dous especialistas en medicinasubacuática, Salvador Fojón e Carlos García-Ramos, partirán desde A Coruña cara a Senegal para formar a pescadores locais na prevención de riscos laborais relacionados coa práctica do mergullo.

Os especialistas galegos pertencen á ONG Solidariedade Galega que, en colaboración con Ecodesarrollo Gaia, realizan este ano latercera edición deste proxecto.

Segundo trasladou a entidade, impartirán na localidade pesqueira de Yoff-Tonghor un curso presencial interactivo que estará apoiado en material audiovisual e textos didácticos. O obxectivo é mellorar as condicións de saúde dos mergulladores, instruíndoos nas medidas de prevención de riscos vinculados ao mergullo en apnea e con escafandra autónoma.

Prevese que á formación que impartirán este ano Fojón e García-Ramos acudan ao redor de 30 representantes das distintas confrarías de pescadores que hai na zona, quen despois trasladarán os coñecementos adquiridos ao resto dos seus compañeiros.

ÚLTIMAS

O sector do taxi da Coruña rexeita a consulta pública sobre a nova ordenanza e esixe o control das VTC

Taxistas convocantes nos últimos meses de protestas na Coruña contra as VTC, para esixir...

O mar da Coruña revólvese ante o Regulamento Europeo de Control

Entre bocinas e bengalas (sempre son moi vistosas as manifestacións do sector) xentes do...

O premiado proxecto lingüistico co CEIP Sagrada Familia, exemplo normalizador do Lx15

Mariña Lema é natural de Cabana, pero leva un par de anos dando clases...

O Bar 23, La Sifonería e o Bodega Órdenes, os gañadores dos Premios Picadillo

Fixo entrega hoxe o Concello da Coruña dos premios do XXI Concurso de Tapas...