InicioSOCIEDADENovo equipo de drones para a Policía Local da Coruña

Novo equipo de drones para a Policía Local da Coruña

Publicada o

Por europapress

A Policía Local da Coruña dispón dun novo equipo de drones, que exhibiu na conmemoración da súa festividade. Foi con motivo dun acto celebrado no Palacio Municipal de María Pita e presidido pola alcaldesa en funcións, Inés Rey.

Nel, asegurou que a sociedade se enfronta a novos retos que requiren dispor dun corpo de policía “forte, implicado e máis alerta e coordinado que nunca”. Ademais, agradeceu o traballo levado a cabo polos axentes durante o último ano. “Hoxe é un día de homenaxe á Policía Local e, por extensión, a todos os corpos e forzas de seguridade do Estado”, dixo sobre o labor que desenvolven.

No salón de sesións do Palacio Municipal de María Pita entregáronse, ademais, medallas e diplomas aos e ás axentes que levan 20, 30, 35 e 40 anos de servizo. Tamén se lle rendeu unha homenaxe aos policías xubilados no ano 2022 coa distinción de policías honoríficos..

ÚLTIMAS

As tapas do 22 establecimentos que participan no Concurso de Tapas Picadillo

Ponse en marcha a XXII edición do Concurso de Tapas Picadillo co obxectivo de...

O Concello da Coruña investirá 15.000 euros en rehabilitar a escultura do Acuario

Jorge S. Peteiro Vázquez creou a peza escultórica para instalala en 1998 na Enseada...

Unha viaxe virtual en SkpMotor con Galicia Simracing Events

No programa de SKPMotor CuacFM o gravado este xoves 19 de novembro de 2026...

Outra noite de pelexas no cruzamento na Tonda de Outeiro sáldase cun ferido por arma blanca

Un home resultou ferido nunha pelexa entre varias persoas nun local da Coruña e...