InicioA CORUÑAAsí é a organización municipal no Concello da Coruña

Así é a organización municipal no Concello da Coruña

Publicada o

Por Ubaldo Cerqueiro

Este xoves tivo lugar en María Pita o pleno de organización, onde se aprobou, por unanimidade, o organigrama das áreas de xestión municipal e a configuración da Xunta de Goberno Local, así como as contías que cobrarán os edís con dedicación

1,5 millóns de euros en retribucións

Non houbo discrepancias nin nos réxime de retribucións establecido para as e os concelleiros dos grupos municipais, pois todos contan con diferentes dedicacións:

A alcaldesa Inés Rey percibirá 75.200, un 2% máis que ata agora, e un 20 % menos do máximo que fixa a lei para os alcaldes e alcaldesas de cidades entre 150.000 e 300.000 habitantes. Ademais, os tres concelleiros con grandes áreas (Lage Tuñas, Yoya Neira e Gonzalo Castro) percibirán 69.582 euros, e os outros 3 edís contarán con decidación dedicación exclusica cun soldo de 64.582 euros brutos anuais, sendo un total de 7 dedicacións exclusivas para o PSOE:

No caso do Partido Popular contémplanse tres dedicacións exclusivas (64.582 euros brutos anuais), dúas do 80 % da xornada (51.666,19 euros brutos anuais) e sete do 50 % (32.291,37 euros).
No caso do BNG serán dúas exclusivas e dúas do 80 %.

Un total de 1,5 millóns de euros, repartidos case a metades entre o grupo de goberno e os dous grupos da oposición.

3 áreas

No pleno expúxose a configuración do novo Goberno municipal, presidido por Inés Rey, que
se organiza baseándose a tres grandes áreas:

  • Área de Economía e Planificación Urbana (dirixida polo voceiro do Goberno municipal, José Manuel Lage): Economía, Oficina Orzamentaria e Facenda, Recursos Humanos, Patrimonio, Contratación, Concesións municipais, Fachada marítima, Desenvolvemento industrial e actividade comercial portuaria, Intervención, Tesourería, Planificación e calidade dos servizos, Xestión Tributaria.
    Concellería de Innovación, Mobilidade e Infraestruturas (Nereida Canosa): Innovación e desenvolvemento tecnolóxico, Cidade das TIC e AESIA, Mobilidade e Infraestruturas, Transporte, Estación de Autobuses e Parque Móbil Municipal
    Concellería de Urbanismo, Rehabilitación e Vivenda (Francisco Díaz Gallego):  Urbanismo, Rehabilitación e Vivenda, Edificación, Ruínas, Espazos Públicos.
    Concellería de Medio Ambiente (Noemí Díaz): Medio Ambiente, Sanidade, Xestión de residuos e limpeza viaria, Cemiterios e servizos funerarios, Saneamento, tratamento e depuración de augas residuais, Benestar animal.
    Concellería de Atención Cidadá e Seguridade (Montse Paz): Interior e atención cidadá, Informática, Seguridade cidadá, Tráfico.
  • Área de Benestar Social (dirixida pola concelleira Yoya Neira): Servizos Sociais, Igualdade, Participación cidadá, Mocidade, Diversidade, Planificación familiar, Loita contra a violencia de xénero.
    Concellería de Educación, Emprego e Relacións Institucionais (Juan Ignacio Borrego): Educación, Emprego e Relacións Institucionais.
  •  Área de Fomento e Promoción da Cidade (dirixida polo concelleiro Gonzalo Castro): Cultura, Festas, Bibliotecas, Museos Científicos, Memoria democrática, Arquivo histórico municipal, Arquivos administrativos, Promoción da lingua
    Concellería de Deportes (Manuel Vázquez): Promoción do deporte, Instalacións deportivas, Promoción da vida saudable.
    Concellería de Turismo, Comercio e Hostalería (Diana Cabanas): Turismo, Comercio, Mercados e Hostalería, Consumo.

A alcaldesa, ademais, asumirá directamente as áreas de Barrios e proxectos europeos.

 

Os plenos

Os plenos serán todos os primeiros xoves de cada mes, ás 10.00 horas, co mes de agosto inhábil a respecto da realización das sesións.

Comisións informativas e Xuntas de Goberno

Serán 8 órganos de carácter ordinario, integradas por unha persoa representante de cada un dos 3 grupos:

  • Comisión de voceiros dos grupos municipais,
  • Comisión de Economía, Facenda, Planificación Urbana e Administración Xeral;
  • Comisión de Benestar Social, Comisión de Fomento e Promoción da Cidade,
  • Comisión de Mobilidade,
  • Comisión de Transparencia,
  • Comisión de Suxestións e Reclamacións
  • Comisión de Honras e Distincións.

Haberá, por outra banda, catro comisións informativas de carácter especial: Comisión Especial da Fachada Marítima, Comisión Especial da Área Metropolitana, Comisión Especial da Axenda Urbana e Comisión Especial de Bibliotecas.

As Xuntas de Goberno Local celebraranse cada 14 días, en mércores, coa participación dos concelleiros e concelleiras José Manuel Lage, Yoya Neira, Gonzalo Castro, Nereida Canosa, Francisco Díaz Gallego, Noemí Díaz, Diana Cabanas e Juan Ignacio Borrego.

 

 

 

ÚLTIMAS

“O Concello non ten vontade de solucionar a folga dos conserxes”

Continúa activa por segunda fin de semana a folga dos conserxes das instalacións deportivas...

Delegados da CIG mobilízanse en apoio a un extraballador municipal da Coruña que reclama o seu reincorporación

Delegados da CIG concentráronse ante os xulgados da Coruña con motivo do xuízo pola...

Dous feridos en Abegondo tras unha colisión entre un turismo e un vehículo de mercadorías

Dúas persoas resultaron feridas nunha colisión entre un vehículo de mercadorías e un turismo...

Dispositivo especial de seguridade este sábaod para o encontro Deportivo-Sporting de Xixón

A Policía establecerá un dispositivo especial desde o sábado polo partido que enfrontará o...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here